Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 29 de Octubre de 2015 Tiempo de lectura:
O Rosal

Unha colisión frontal entre dous turismos no Rosal deixa dúas persoas feridas

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta tarde a dúas persoas que resultaron feridas a causa dunha colisión frontal entre dous vehículos na PO-552, ao paso polo concello do Rosal. O impacto sorprendeu aos veciños da zona que chegaron a asegurar que ao menos un dos feridos estaba, tamén, atrapado dentro dun dos turismos implicados.

 

Por iso, o persoal do CAE 112 Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros do Baixo Miño e dos membros do GES da Guarda. Mais, en canto os efectivos de emerxencias comprobaron que ambos dous feridos estaban liberados e accesibles, os xestores do 112 Galicia anularon a saída dos bombeiros. Os feridos, un home e unha muller, foron evacuados ao centro hospitalario de referencia, mentres que os membros do GES da Guarda se encargaron de restablecer as condicións de seguridade na vía. A causa do accidente, se viu interrompida a circulación nun dos carrís da PO-552. O CAE 112 Galicia rexistrou o suceso ao fío da unha desta tarde.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.