Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 31 de Octubre de 2015 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

Os socialistas solicitan a apertura dun proceso de participación cidadá cun avance informativo do Plan Xeral

Verónica Tourón ofrece un consenso entre todas as forzas da corporación

[Img #21261]

 

A voceira socialista municipal, Verónica Tourón, manifestou, tras a primeira comisión informativa desta lexislatura relativa á elaboración do novo Plan Xeral (PXOM), que o grupo municipal socialista de Salceda mantén a súa aposta pola apertura dun proceso de participación veciñal na elaboración do Plan Xeral (PXOM) previo á aprobación inicial da mesma.

 

 “Os socialistas queremos que os veciños e veciñas sexan partícipes deste documento antes da súa aprobación inicial, o manifestamos xa na anterior lexislatura e o seguimos mantendo”, subliña a concelleira Gela Ledo.

 

A Voceira socialista, Verónica Tourón, remitiu unha carta por escrito aos voceiros dos outros grupos da corporación no que amosa o seu ofrecemento para chegar a un consenso, para a posta en marcha dun avance informativo do Plan Xeral e poñelo en coñecemento dos veciños de Salceda antes da súa aprobación inicial.

 

O primeiro Plan Xeral que vai ter Salceda é unha oportunidade para comezar a facer as cousas ben, e os veciños e veciñas teñen que ser coñecedores e partícipes, aportando suxerencias que se poidan plasmar na mellora do documento inicial do Plan Xeral”, incide a voceira socialista, que afirma que o Plan Xeral é cousa de todos e todas, non só dunha empresa subcontratada. Nun Plan Xeral hai que contar cos veciños de Salceda, non só o que un goberno en minoría impoña, pois non vai ser só o PXOM de agora, se non o que marque a vida dos veciños e veciñas os próximo 20 ou 30 anos.

 

Neste sentido, o grupo municipal socialista ven de presentar para o próximo pleno que se celebrará o martes 3 de novembro unha moción no que se solicita a posta en coñecemento público do documento inicial do Plan Xeral a través dun avance informativo e participativo do Plan Xeral, feito que o artigo 125 do RD 2159/1978 polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre Réxime do Solo e Ordenación Urbana permite.

 

“Non só estamos convencidos que o coñecemento e a información pública evita as especulacións que se poidan dar, tamén defendemos o eixo central das nosas políticas que é que os veciños teñen dereito a participar da xestión política municipal”, concluíu Verónica Tourón

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.