Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 02 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
Tui

Tui informa das axudas a centros deportivos convocadas pola Xunta

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 28 de novembro

A Secretaría Xeral para o Deporte aproba as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas.

 

Poderán ser beneficiarios das subvencións os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, inscritos, en todos os casos, no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas da Secretaría Xeral para o Deporte.

 

De igual forma, para ser beneficiario destas axudas, é necesario que a entidade estea dada de alta como nas aplicacións tecnolóxicas de «promoción dunha vida activa e saudable» vinculadas co Plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia: Galicia Activa: aplicación de recursos, servizos e instalacións deportivas en Galicia (www.galiciactiva.xunta.es) e Plataforma de xestión de plans, programas, actividades e eventos de Galicia saudable (https://galiciasaudable.xunta.es/actividades/).

 

As subvencións contemplan, no caso dos clubs e sociedades anónimas deportivas, os gastos derivados da súa participación en competicións de carácter oficial, e no caso das agrupacións deportivas escolares, os gastos acometidos pola participación na campaña do deporte escolar da Secretaría Xeral para o Deporte –programa Xogade–.

 

Os interesados deberán presentar as súas solicitudes preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), e na Secretaría Xeral para o Deporte (http://deporte.xunta.es/) . Poderase cubrir e imprimir e deberase enviar posteriormente ós servizos provinciais de deportes, no prazo establecido para a súa presentación. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da convocatoria no DOG, é dicir, ata o 28 de novembro.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.