GALICIA
Miguel Malvido denuncia que "a tan cacarexada recuperación económica non se manifesta no emprego"
O desemprego no sector industrial pasa dunha baixada do 0,6% no ano anterior a unha subida do 1,2%
O mes de outubro rematou con 222.092 parados/as rexistrados/as nas oficinas do SEPE en Galiza, 6355 máis que no mes anterior, o que representa un incremento do 2,95%. O peor comportamento do desemprego rexístrase no sector industrial, que pasou dunha baixada do 0,6% ano ano anterior a unha subida do 1,2%.
O incremento do número de persoas desempregadas foi xeneralizado no conxunto do Estado español neste período, se ben se ben no resto a subida media foi menor (2%).
Outubro é un mes no que tradicionalmente medra o desemprego, pero este ano o incremento foi superior ao rexistrado en 2014, o que pon en dúbida a recuperación económica que dende os Gobernos autonómico e central nos queren facer crer.
No caso de Galiza, o medre do 2,9% en outubro é medio punto superior ao do mesmo mes do ano 2014, cando o número de parados/as aumentara un 2,4%. Se ben en todos os sectores produtivos o comportamento foi peor que en 2014, o que marca a diferenza é o sector industrial, xa que o incremento dun 1,2% durante este mes contrasto co descenso do 0,6% que se rexistrara no ano anterior.
Trátase, polo tanto, de datos preocupantes, tendo en conta que da evolución do sector industrial vai depender en gran medida a recuperación do emprego, e semella que no noso país isto non se vai producir.
Outro factor a ter en conta é que ao tempo que medra o desemprego descende o número de persoas con dereito a algún tipo de prestación; tan só o 48% dos desempregados/as percibiron algunha axuda pública no último mes con datos; deles/as, unicamente o 39,8% ingresou unha prestación contributiva.
A pesar de medrar o paro mantense unha forte actividade contractual, xa que o número de contratos rexistrados no mes alcanzou os 77.991; isto amosa claramente a existencia dun número moi elevado de asalariados/as cunha alta rotación no emprego. Así, tan só o 8% dos contratos se rexistraron baixo algunha modalidade de contratación indefinida.
Baixa a afiliación á Seguridade Social
A afiliación intermensual á Seguridade Social descendeu un 0,65%, o que equivale a 6266 afiliados/as menos.
Ante esta situación na que nos atopamos con máis desempregados/as, menos afiliación á Seguridade Social e menos parados/as con cobertura o secretario confederal de Emprego e Industria da CIG, Miguel Malvido, denuncia que a tan cacarexada recuperación económica non se manifesta no emprego, que ademais segue a verse afectado por unha elevada temporalidade e precariedade.
Malvido pon de manifesto tamén o absoluto fracaso das políticas económicas e laborais aplicadas polo Partido Popular, non só as reformas laborais senón o conxunto das políticas económicas. “Non só non favorecen a creación de emprego senón que, ademais, están a provocar o empobrecemento masivo da clase traballadora e unha perda de dereitos laborais sen precedentes”.
Finalmente, lembra que o número de desempregados/as aínda sería máis elevado no caso de que se contabilizasen os milleiros de persoas que tiveron que abandonar o noso país en busca dun futuro laboral na emigración e considera que a grave situación que atravesa o sector industrial vai lastrar a posibilidade de que Galiza inicie o camiño da recuperación económica e da creación de emprego.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149