Mos
O Concello abre o prazo de inscrición para optar a un dos 25 composteiros doados por SOGAMA
A concellería de Medio Ambiente informa de que os interesados xa poden solicitalo
A concelleira de Medio Ambiente mosense, Julia Loureiro, informou de que dende dito departamento repartiranse próximamente 25 composteiros entre os veciños e veciñas que o soliciten por escrito ata o vindeiro día 13 de novembro, ambas datas incluídas, explicou a edil.
Estes 25 composteiros lle foron concedidos e xa entregados ó Concello de Mos pola Sociedade Galega do Medio Ambiente, SOGAMA, de xeito totalmente gratuito.
Loureiro declarou neste sentido que “con esta nova entrega queremos continuar coa campaña anual de composteiros para seguir a fomentar entre os habitantes do municipio a compostaxe, unha práctica que xa está bastante arraigada entre a veciñanza, como ven a demostrar a gran demanda que se rexistra cada vez que se abre o prazo de solicitudes”.
A edil responsable da concellería de Medio Ambiente declarou tamén que “unha serie de traballadores municipais foron formados específicamente en materia de xestión e uso dos composteiros, e serán estes mesmos traballadores os que fagan o reparto a domicilio dos respectivos composteiros ós beneficiarios e, unha vez alí, instalaranllos e lles explicarán como empregalos correctamente; ademais de entregarlles un manual de uso para consultar posibles dúbidas e facerlles un seguemento periódico posterior para asegurarse de que o uso que se lle está a dar a ditos composteiros é o correcto”.
Julia Loureiro valorou a esta iniciativa moi positivamente “xa que supón un paso máis na optimización da recollida selectiva de residuos no Concello de Mos”, dixo a edil, que considera “crucial a axeitada xestión dos residuos para un mantemento sostible da localidade mosense”. E é que cos composteiros se reutilizan restos de materiais orgánicos de orixe vexetal dando lugar a que a porcentaxe de residuos sometidos a tratamento final sexa menor o que supón unha gran vantanxe ambiental, económica e social. Ademais tamén lles permite ós particulares en posesión dun composteiro eliminar ou, polo menos minimizar, o uso de fertilizantes químicos como abono; e reducir o número de viaxes ós contedores para levar o lixo, posto que case a metade do lixo que se xera nos fogares galegos está formado por materia orgánica.
Cos composteiros existe a posibilidade de transformar a materia orgánica en compost, un fertilizante natural con excelentes propiedades para o solo. A compostaxe é unha práctica tradicional en Galicia, consistente na separación dos residuos orgánicos para a elaboración de abono ou alimento do gando.
A compostaxe doméstica é un proceso de descomposición biolóxica dos materiais orgánicos xerados no fogar, como é o caso dos restos de comida e podas. O composteiro é un recipiente que facilita a circulación do aire no seu interior, onde se introducen os restos orgánicos, permitindo unha óptima accesibilidade, tanto para depositar residuos como para extraer o abono resultante. A súa función é a de manter as condicións axeitadas de temperatura e humidade para a elaboración de compost, evitando ademais a entrada de pequenos animais e roedores que poden alterar o proceso.
Para obter un bo compost o mellor é utilizar unha grande variedade de materiais, tendo en conta que canto máis triturados estean, maior será a rapidez da súa descomposición e fermentación. No composteiro pódense depositar froitas e verduras, cascas de ovo, arroces e pasta cocidos, pan, pousos de café, té e infusións, cinzas e serrín, papel, cartón, xornais, restos de poda e de recolleita da horta, esterco de animais herbívoros, pó e peluxe do aspirador, pelos, teas naturais e plumas.
Dada a asúa condición de produto natural, sen compostos químicos e libre de patóxenos, o compost actúa en moitos casos como bactericida e funxicida; e é un excelente abono contribuíndo a que as plantas teñan unha maior resistencia ás pragas e enfermidades.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21