GALICIA
Uns 6.500 alumnos achegaranse hoxe á neurociencia a través da videoconferencia de Xurxo Mariño
Xurxo Mariño Alfonso, biólogo e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola USC, profesor do Departamento de Medicina da UdC, especialista en neurofisioloxía e activo divlgador científico, falará sobre “A máquina que constrúe a mente e a realidade” para o alumnado de Secundaria, que poderá interaccionar co relator a través da rede social Twitter.
Nunha videoconferencia, que dará comezo hoxe ás 12:30 e terá unha duración dunha hora, Xurxo Mariño Alfonso, biólogo e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola USC, profesor do Departamento de Medicina da UdC, especialista en neurofisioloxía e activo divulgador científico, ofrecerá una charla para o alumnado do 2º ciclo da ESO e o Bacharelato baixo o título “A máquina que constrúe a mente e a realidade”. Como funciona a mente? A onde vai o “eu” cando durmimos? Poden construírse máquinas artificiais que teñan mente? Estas e outras preguntas serán abordadas por Xurxo Mariño, que mergullará os estudantes na complexidade do encéfalo humano, a máquina na que miles de millóns de neuronas utilizan a electricidade para se comunicaren e, dese xeito, crear a mente e a realidade.
O evento, que recala na UdC tras pasar en edicións anteriores pola USC e a UVigo, está a rexistrar cifras de récord coa participación de algo máis de 6500 alumnos e alumnas de 108 centros de secundaria de todo o país. Ademais de seguir en vivo a intervención do conferenciante, os estudantes poderán trasladarlle preguntas a través da rede social twitter coa etiqueta #cienciaengalego.
Esta videoconferencia, xunto con numerosas actividades presenciais que se desenvolven estes días nos centros educativos, nas universidades e en diversas institucións, procura que o alumnado teña acceso á ciencia sen ningún tipo de prexuízos, nin sobre a ciencia, nin sobre todo en canto ás posibilidades de aprendizaxe da ciencia en calquera idioma, tamén o galego. Os colectivos convocantes (AGAPEMA, APETEGA, ENCIGA e IGACIENCIA) e as institucións e entidades que se suman a esta data reinvindicativa, como a CGENDL, queren expresar deste xeito que todos os idiomas, neste caso o galego, se aprenden usándoos en todos os contextos, tamén nos relacionados coa ciencia e a tecnoloxía, a pesar do Decreto para o Plurilingüismo que a Consellería de Educación impuxo para eliminar o seu uso como lingua vehicular de diferentes materias destes ámbitos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149