Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 04 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

Unha sentenza declara “ilegal” o campo de tiro ao prato de Atios

Un Xulgado ven de declarar “nula” a licenza de obra e actividade concedida polo anterior goberno do Partido Popular

[Img #21358]

 

O xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Pontevedra ven de “anular a licenza de actividade e obra provisional que o goberno de Nelson Santos concedeu á Socidedade de Tiro Rosa Porriño La Venatoria, para a instalación e explotación do campo de tiro ubicado nos montes comunais da parroquia de Atios”, segundo informan nun  comunicado de prensa emitido dende a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Atios

 

Explican que “a xuíza ratifica o xa advertido pola comunidade de montes de Atios en numerosas ocasións, tanto ante o propio concello como ante as forzas de seguridade, e declara a nulidade da licenza concedida por polo Partido Popular na comisión de goberno do 22 de xaneiro de 2015.  Unha licenza que, como agora deixa claro a sentenza (ditada o pasado 26 de outubro), foi dada en clara fraude de lei e incumprindo a normativa vixente en materia urbanística e ambiental”. Segundo reza no fallo xudicial, a licenza provisional para a instalación dun campo de tiro debe anularse por “falta de autorización autonómica previa, ademais de non acreditarse o cumprimento das condicións requeridas para a construción en solo rústico, e non contar coas autorizacións sectoriais preceptivas”.

 

Dende a Comunidade de Montes Veciñais engaden que segundo esta sentenza “o campo de tiro ao prato de Atios é ilegal” ademáis din que “funcionou sen ningún tipo de cobertura legal dende os seu comezos hai dezasete anos. O anterior alcalde, Nelson Santos, nunha manobra ‘caciquil’ para favorecer aos seus amigos escopeteiros, pretendeu legalizar unhas instalacións e unha actividade que incumpren a normativa urbanística e medioambiental. Ademais das carencias en materia urbanística (como a ausencia de autorización por parte da Xunta de Galicia, a inexistencia do subministro de auga ou do permiso de vertido da Confederación Hidrográfica), o campo de tiro leva anos enchendo de lixo o entorno forestal. Nunca dispuxo dun sistema de recollida das toneladas de residuos perigosos como son os balotes de chumbo, os pratos de cerámica ou as vaíñas de plástico que caen de xeito incontrolado no monte” sinalan no comunicado de prensa feito público hoxe.

 

A comunidade de montes di que leva “anos denunciando esta situación de ‘ilegalidade’ e agresión ao medio ambiente e lamenta a ‘inacción’ dos corpos e forzas de seguridade ante as sucesivas denuncias. Unha vez que a xustiza confirma o que era evidente dende hai anos, a xunta reitora da comunidade de Montes de Atios insta ao novo gobeno local a clausurar de xeito inmediato o campo de tiro ao prato”.

 

Rematan asegurando que “o campo de tiro, ubicado no corazón do monte veciñal de Atios, é o paradigma da política máis caciquil que desenvolveron os  gobernos populares no Porriño. Unha política absolutamente insensible co respeto ao medio natural e coa propiedade veciñal do monte. Se realmente o novo goberno é coherente coa rexeneración democrática que predica,  debe poñer fin xa a esta actividade  ilegal e prexudicial para todos os vecinos”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.