Mos
Mos rexeita o voto ponderado e solicita alternativas que garantan unha representación axeitada na Área Metropolitana
O director xeral de Administración Local, José Alberto Pazos Couñago, reuniuse co alcalde en funcións, o delegado territorial da Xunta en Vigo e os voceiros do PSOE, BNG e Gañamos
![[Img #21372]](upload/img/periodico/img_21372.jpg)
O director xeral de Administración Local, José Alberto Pazos Couñago, reuniuse hoxe co alcalde en funcións de Mos, Alberto Méndez, nunha nova reunión sobre a Área Metropolitana de Vigo, na que tamén participaron o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e os voceiros do PSOE, BNG e Gañamos.
Como nas oito anteriores ocasións, houbo "un acordo unánime" sobre a necesidade dun criterio proporcional no financiamento do ente e todos os presentes coincidiron na pertinencia dunha achega fixa por habitante, en consonancia coa proposta da Xunta de Galicia.
En canto á Gobernanza, todos os presentes na reunión coincidiron "na necesidade dun equilibrio entre a Asemblea e a Xunta de Goberno, evitando a existencia do voto ponderado, que prexudicaría aos concellos máis pequenos da Área". O director xeral manifestou o rexeitamento xeral dos concellos cos que mantivo xuntanzas neste ámbito, e todos coinciden na importancia de acadar o máximo consenso para desbloquear a actual situación e beneficiar así a todos os cidadáns da Área Metropolitana.
Así mesmo, destacou tamén a cordialidade do encontro entre o Goberno galego e o municipal e o debate en profundidade xurdido, xa que ese é o obxectivo destas reunións: coñecer persoalmente as propostas dos representantes municipais, intentar acadar o máximo consenso posible e que a AMV bote a andar o antes posible.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21