Salceda de Caselas
Movemento Salceda califica de “pacto entre PP e PSOE” o 'bloqueo' da acción de goberno
![[Img #21381]](upload/img/periodico/img_21381.jpg)
O Grupo Municipal de Movemento Salceda ven de emitir un comunicado no que “lamenta profundamente a actitude mantida por PP e PSOE no Pleno Ordinario -que se celebrou este martes- no que os dous partidos da oposición se aliaron naqueles puntos que supuñan un maior bloqueo para a acción de goberno municipal”.
O punto máis “sorprendente”, para Movemento Salceda, “foi sen dúbida que tanto PP como PSOE se negasen a debater a moción presentada por MS instando á Xunta de Galicia a que iniciase dunha vez as obras de construción do novo Centro de Saúde. Os grupos da oposición negáronse a aprobar a urxencia da moción, algo que é a primeira vez que acontece en oito anos, pois sempre se mantivo un acordo non escrito de aprobar a urxencia de tódalas mocións presentadas a Pleno, para que polo menos todas elas poidan ser debatidas”.
Outra moción que suscitou controversia –segundo o goberno de Salceda- “foi a presentada polo PSOE, pedindo unha exposición pública do PXOM antes da súa aprobación inicial. A pesares das advertencias feitas polo Alcalde e polo mesmo Secretario Municipal das consecuencias que isto amarrearía para o proceso de aprobación do PXOM, con unha máis que probable rescisión de contrato por parte da empresa coa súa correspondente indemnización, tanto PP como PSOE fixeron oídos xordos a estas advertencias e decidiron aprobar a moción” explican nun comunicado de prensa.
Por outra banda critican dende MS que “unha vez máis PP e PSOE uniron os seus votos para instar unha baixada no recibo do IBI de 2016, baixando o tipo impositivo do 0,53% existente actualmente ao 0,50%. Tampouco neste caso serviron as explicacións verquidas sobre as obrigas do Concello en canto ao Plan de Axuste vixente, ou a posta en perigo da subsistencia de moitos dos servizos municipais que se prestan actualmente”.
Jose Luis González, portavoz do Grupo Municipal de Movemento Salceda explica que “Os portavoces dos grupos de PP e PSOE reuníronse antes do Pleno para acordar posicións conxuntas en todos e cada un dos puntos a tratar no Pleno. Os veciños e veciñas de Salceda non se merecen que os seus representantes os enganen deste xeito, e xoguen así cos seus votos”.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda dixo que “unha vez máis quedou patente o pacto existente entre PP e PSOE en Salceda, primando os seus intereses sobre os dos veciños e veciñas de Salceda, e cuxos esforzos se veñen centrando exclusivamente en bloquear a acción de goberno. Resulta lamentable escoitar á portavoz do PSOE, Verónica Tourón, defender posicións totalmente opostas ás mantidas nos últimos oito anos pola súa compañeira de partido Marina Cabaleiro, unicamente coa intención de rachar co proceso de cambio que se está a levar en Salceda dende o ano 2007”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191