Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 08 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

O musical da ‘Carapuchiña Vermella’ chega a Ponteareas este domingo

O espectáculo terá lugar o domingo 8 de novembro no Auditorio Municipal Reveriano Soutullo ás 17:00 horas

[Img #21387]

 

Unha adaptación do clásico dos Irmáns Grimm que moderniza a historia e os personaxes do conto, ademais de introducir unha banda sonora orixinal composta por sete cancións. Así é o espectáculo musical “Carapuchiña Vermella” que trae a Ponteareas EducaTeatro Producións.

 

A proposta mestura teatro de actor con manipulación de corpóreos e voz en directo. A parte musical pretende transmitir aos máis pequenos valores como a ecoloxía e a igualdade, ao mesmo tempo que ensina a reciclar ou as profesións.

 

O elenco está composto por 4 actores que interpretarán os distintos personaxes da obra. A duración da peza é de 50 minutos, e ao final da función, os cativos poderán sacar fotografías con Carapuchiña, a avoa, o leñador e tamén co lobo.

 

As entradas anticipadas para función que se representará no Auditorio Reveriano Soutullo ás 17:00 horas do domingo, 8 de novembro, xa están á venda na tenda de xoguetes Don Dino, na rúa Paseo Matutino, nº12. De non esgotarse, tamén se poderán mercar o mesmo día a partir das 16:00 horas no Auditorio.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.