Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 07 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Os Socialistas de Ponteareas renovan a súa executiva apostando “pola xente nova e formada”

Delfín Domínguez: “Temos a certeza en que a incorporación de xente nova, con novas enerxías e con novas ideas suporá un estimulo para a Agrupación Socialista e para Ponteareas”.

[Img #21396]

 

Tralas novas responsabilidades adquiridas polos concelleiros socialistas. A Agrupación Municipal Socialista vén de renovar a súa Executiva Municipal para “dar resposta á nova realidade política de Ponteareas”. Unha resposta que “pon en valor a responsabilidade e o compromiso manifestado polos militantes socialistas”.

 

Os socialistas de Ponteareas consideran “fundamental que os nosos 4 concelleiros e concelleiras, quenes ocupaban cargos de responsabilidade na executiva local, se deban a súa ocupación de representantes públicos e de Goberno. Un traballo fundamental para poder dar resposta e expresión ás políticas socialistas dende a xestión das súas respectivas concellerías. Os catro Concelleiros seguirán formando parte da mesma, mais estarán liberados de carga algunha”.

 

O Secretario Xeral dos Socialistas de Ponteareas, Delfín Domínguez, manifestou a súa intención de “continuar favorecendo a incorporación dos compañeiros e compañeiras mais novos en tarefas de responsabilidade dentro da nosa agrupación, abrindo deste xeito o partido aos cidadáns de Ponteareas”.

 

As incorporación na Executiva Local do PSdeG-PSOE de Ponteareas, serán as seguintes: Inés Vidal:  Ponteareas. 35 anos. 2 fillas. Contable. Empresaria da hostalería. Ostentará a Secreataria de Organización do PSdeG-PSOE de Ponteareas; Mª Paz Boente: Ponteareas. 43 anos. 1 fillo. Técnico Administrativo. Traballa en Xinzo, na Asociación Forestal de Galicia.Secretaría de Administración; Gustavo Carrera: Xinzo. 30 anos. 1 fillo. Técnico informático en Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión. Técnico comercial de entidades financeiras. Ostentará a Secretaría de Acción Electoral e Mobilización Social e Diego Mo: Ponteareas con orixe en Cristiñade. 23 anos. Estudante de Grao en Ciencias Políticas e da Administración na Universidade de Santiago de Compostela. Cofundador do proxecto Politicahora.es. Ostentará a Secretaría de Comunicación, de Dereitos e Liberdades.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.