Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 07 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

“Lúa Conluvas” regresa a Biblioteca Municipal do Porriño

Todos os xoves ás 18:30 horas

Lúa ConLuvas é unha actividade de animación á lectura que se desenvolve na Biblioteca Municipal do Porriño, e que se presenta como unha proposta didáctica e divertida ao mesmo tempo. Lúa ConLuvas é unha exploradora e [Img #21403]viaxeira incansable que vive na Biblioteca Municipal do Porriño. Todas as semanas parte de viaxe a un país distinto, levando sempre consigo unha maleta que a acompaña nas súas aventuras, e onde garda os recordos de cada país visitado, para volver todos os xoves á biblioteca e contarlle aos nenos e nenas a forma de vivir e sentir doutros pobos do mundo.

 

Esta personaxe de animación, que vai máis alá do que coñecemos como “contacontos”, non soamente ofrece información e lecturas dos países que visita, senón que tamén pon en contacto aos nenos e nenas co baile, a música ou a gastronomía do lugar: en cada sesión os nenos e nenas escoitan cancións, bailan e realizan actividades relacionadas con cada país; ademais merendan unha froita típica de cada destino que semanalmente visita Lúa ConLuvas e traerá a biblioteca. Unindo así a animación á lectura con outros elementos sensitivos: a través deles, o neno ou nena entra en contacto cunha cultura allea á súa realidade na que se pretende ensinar que “Hai outros mundos, pero están neste”, relacionando o libro como un indicador cultural máis.

 

O obxectivo primordial é espertar o pracer da lectura, pero a través desta actividade tamén se pretende promocionar a biblioteca como un lugar máxico de encontro con libros e culturas, establecer un contacto co libro e a lectura de forma lúdica. Téntase ofrecer unha imaxe da biblioteca como un lugar onde se pode atopar información e descubrir outras culturas por medio da lectura: a biblioteca é un lugar para despegar a outros mundos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.