Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 06 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

A Deputación adxudica 821 novas prazas do programa “Coidarte 2015”

[Img #21406]

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou, este venres, a adxudicación de 821 novas prazas do programa “Coidarte 2015” dirixidas a persoas maiores de 50 anos, xubiladas e xubilados, pensionistas ou persoas que precisan un respiro familiar. Tal e como informou a Presidenta da institución provincial, Carmela Silva, os beneficiarios gozarán de dúas horas diarias durante cinco tardes seguidas (de luns a venres) nas instalacións do balneario, talaso e spa elixido (Talaso Atlántico de Oia, Balneario de Mondariz, Balneario Illa da Toxa, Balneario Termas de Cuntis, Talaso Spa de Moaña e Vía Argentum de Silleda), incluíndo os desprazamentos de ida e volta, seguro de viaxe, guía acompañante, gorro, chanclas e un refrixerio para despois da actividade.

 

Este programa, enmarcado dentro das políticas de cohesión social, trata de fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores da nosa provincia, establecendo novas relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que favorezan o seu estado anímico, potenciando movementos de participación e cooperación social, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias e a súa independencia, evitando o illamento e situacións de soidade. Ademais, Coidarte pretende contribuír a evitar a desestacionalización do sector turístico así como impulsar a creación e mantemento do emprego no mesmo.

 

 Desde a posta en marcha do programa, máis de 35.000 persoas da provincia de Pontevedra se beneficiaron do mesmo. En concreto, para o 2015, Coidarte dispoñía de 2.625 prazas totais das que 1.804 xa se adxudicaron na primeira parte do programa.

 

As prazas outorgadas por concellos, nesta segunda parte do programa, distribúense do seguinte xeito:  44 prazas para Cangas, 42 para Tui, 30 para Cotobade, 27 para A Estrada e Tomiño, 26 para O Porriño e Meis, 25 para Moaña, 24 para Nigrán e Poio, 21 para A Guarda, 20 para Marín e Soutomaior, 19 para Cambados, 17 para O Rosal, 16 para Vilanova de Arousa, 15 para Ponte Caldelas, 13 para Caldas, Forcarei, Gondomar e Meaño, 11 para Moraña, 10 para Barro, 9 para Valga, 5 para covelo, 4 para Portas e 2 para O Grove e Salceda.

 

Como novidade, adheríronse á segunda parte de “Coidarte 2015” os concellos de Cotobade e Barro.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.