Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 07 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

A Asociación de Axuda ao Desafiuzado organizará un acto solidario en Ponteareas

O CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera será o escenario dun evento que servirá para recadar fondos para a asociación

[Img #21411]

 

“Levamos atendidos máis de 30 casos ao longo deste ano 2015 nos que conseguimos que as persoas que tiñan que enfrontar un desafiuzamento conseguiran, ben permanecer na vivenda, ben optar a unha alternativa habitacional”. Son palabras de Arantxa Rodríguez, presidenta da Asociación de Axuda ao Desafiuzado, activa dende comezos deste ano e principal promotora dun evento solidario que se celebrará no CEIP Ramiro Sabell Mosquera a partir das 16:30 horas do sábado, 7 de novembro.

 

Sorteo de regalos en diferentes establecementos, xogos, atraccións e actividades de animación para nenos dende primeira hora; ademais de actuacións musicais e de baile galego e sevillano a partir das 19:00 horas para animar unha tarde na que a asociación só pedirá a colaboración cun pequeno donativo para poder participar.

 

A presentación do evento contou co apoio de varios representantes do goberno. A primeira tenente de alcalde, Chus Garrote, a concelleira de Ensino, Cristina Fernández, o concelleiro de Deportes, Benito Márquez, coñeceron máis polo miúdo o traballo da asociación, que vén de organizar un concurso de ideas en colaboración coa concellería de Cultura, dirixida por Hortensia Bautista.

 

Trátase dun certame que contou con varias categorías repartidas por idade e no que cada participante presentaba unha ou varias ideas que axudaran a mellorar a vida deles mesmos e dos demais. O concurso, que contou co patrocinio do Concello, tamén tivo a colaboración do consistorio en forma de premios para os gañadores que se entregarán este sábado no evento solidario organizado por esta asociación.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.