O Porriño
Cesar Lourido, novo responsable local do BNG no Porriño
![[Img #21423]](upload/img/periodico/img_21423.jpg)
O BNG do Porriño ven de renovar o seu consello local, máximo órgano de dirección da fronte na localidade. A militancia e simpatizantes do Bloque aprobaron por unanimidade a proposta presentada polo consello local saínte, encabezada por Cesar Lourido. Acompañan a Lourido, Mónica Bugarín (responsable de Organización), Obdulia Diniz (responsable de Finanzas), Diana Vázquez, Marcelo Rodríguez , Aurora Rivas e Gustavo Domínguez, ademais dos concelleiros Pedro Pereira e Sabela Landín.
A nova dirección do BNG quere “revitalizar á organización local e achegar máis persoas a participar da súa actividade política local. Queremos ser unha ferramenta para a participación da cidadanía nas decisión políticas. Estamos abertos a recibir propostas de persoas e colectivos. Desde a esquerda e o nacionalismo queremos axudar a construír un concello mellor. O Bloque iniciará unha nova rolda de asembleas abertas no centro e nas parroquias para informar da súa posición política en diferentes temas de actualidade e para recoller demandas dos veciños e veciñas do Porriño” sinalan.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149