Tomiño
O alumnado do Colexio Pedro Caselles e as súas familias participan xuntos en “Falemos”
Será este venres día 13 de novembro terá como data de comezo en horario de 18:30 a 20:00 h
O venres día 13 de novembro ponse en marcha un programa especialmente dirixido o alumnado de primaria de Tomiño e aos seus país e nais, co nome "Falemos" (Mais que un Teito). Trátase dun taller de habilidades parentales e de comunicación, recursos educativos, e de prevención de dependencias, organizado polo Anpa Mosteiro coa colaboración do CEP Pedro Caselles e impartido pola Asociación Erguete Baixo Miño, financiado pola Conselleria de Sanidade da Xunta de Galicia.
A novidade do programa e o seu principal atractivo é precisamente que participen nel, conxuntamente familias e alumnado. O programa trata de facilitarnos información e asesoramento co obxectivo de darnos máis recursos para educar ós nosos fillos e fillas. Isto repercute dun xeito moi positivo na súa personalidade, nun mellor rendemento académico e unhas mellores relacións familiares, e no desenvolvemento dunhas actitudes e valores sólidos que lles sirvan de marco de referencia para a seu Benestar e Saude.
A presidenta do Anpa Mónica Galiana insiste en que nestas idades é fundamental sentar xa as bases para conseguir un clima adecuado e positivo mediante a comunicación, o establecemento de normas, o recoñecemento, a negociación, a claridade na postura familiar respecto dos asuntos que concernen aos seus fillos e o fortalecemento dos vínculos familiares. Para iso, neste programa ensínase, por exemplo, a mostrar empatía cos menores, a expresar o afecto e a crítica de forma adecuada, a controlar os impulsos para evitar os excesivos conflitos, a establecer normas de conduta claras e coherentes, a facer cumprir as normas sociais e familiares, a utilizar métodos de disciplina positiva, aceptar as diferenzas individuais dos fillos, achegarse á súa realidade e aumentar a súa autoestima, ou a prever problemas no futuro como as adiccións a Internet ou problemas de sexualidade ademais, por suposto, do uso de drogas.
Haberá unha sesión semanal e gratuíta en diferentes reunións para pai e nais e en sesións conxuntas cos fillos que serán especialmente amenas, relevantes, clarificadoras e divertidas para os participantes.
O calendario previsto terá como data de comezo o venres día 13 de novembro en horario de 18:30 a 20:00 h no propio CEP Pedro Caselles cada venres ata que finalicen as sesions, que serán cinco nesta primeira andaina. Para programar as sesións presentes e futuras e adaptar o máximo o programa ás preocupacións das familias, as inscricións contan cun apartado en que se pregunta cales son os temas que consideran máis urxente abordar:” Os nen@s e as novas tecnoloxias e cómo actuar”, “ensinando autonomia e responsabilidade”, “establecendo normas e límites”, “hábitos alimenticios saudables”, “falando de sexo cos nosos fill@s”, e “achegamento ás drogas”.
As familias interesadas han de entregar a inscrición, que lles foi entregada o venres, no Buzón do Anpa do propio CEP Pedro Caselles.
O servizo contará con Ludoteca durante as xornadas, en caso necesario.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191