VAL MIÑOR
Os propietarios dos terreos afectados pola mellora dos enlaces da Autopista do Val Miñor recibirán máis de medio millóns de euros
A relación dos afectados que cobrarán a indemnización publícase nos taboleiros de anuncios dos respectivos concellos
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, cita aos propietarios dos terreos afectados polas obras de construción de novos ramais nos enlaces de Sabarís, Ramallosa, e Nigrán acometidas para a mellora da funcionalidade da autoestrada do Val Miñor (AG-57).
Así hoxe luns, día 9, están convocados afectados do Concello do Nigrán, e o día 20 deste mesmo mes pagarase a veciños dos municipios de Gondomar e Baiona. A relación concreta dos propietarios aos que se lle aboarán as indemnizacións está exposta nos edificios dos respectivos concellos.
Ademais, nos vindeiros días convocarase un segundo pago nos concellos de Baiona e Gondomar.
O pago aos afectados do Concello de Nigrán efectuarase na Casa do Concello este luns, debendo acudir entre as 11.00 e as 12.00 horas os titulares dos bens afectados. Serán 64 as fincas que se aboarán, cuxos propietarios cobrarán un total de 333.507,34 €
Os pagos nos Concellos de Baiona realizaranse o venres 20 de novembro entre as 11.00 e as 11.30 h, no edificio do concello e en Gondomar o mesmo día entre as 12.30 e as 13.00 horas, na Casa da Cultura.
En total serán 36 fincas as pagadas a propietarios de Baiona, polas que estes recibirán 190.801,17 euros, e 8 fincas no de Gondomar, polas que cobrarán 16.683,08 euros.
A Consellería de Infraestruturas ten previsto ademais convocar nas vindeiras semanas o pagamento a un segundo grupo de afectados dos concellos de Gondomar e Baiona. Nestes novos pagos aboaranse expropiacións por 5.381,75 euros a titulares de Baiona, e 11.609,48 euros a propietarios do Concello de Gondomar.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149