Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 09 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

Raúl Francés dimite do seu cargo despois de coñecer a apertura de xuizo oral

[Img #21442]

“Sempre defendín que as persoas que detentan cargos públicos teñen que demitir cando a xustiza decide abrirlles xuizo oral”. Deste xeito anunciou, este luns, a súa renuncia e retirada da política, o segundo  tenente de alcalde do Porriño, Raúl Francés.

En rolda de prensa, Francés explicou que, ainda que a lei non lle obriga  a deixar o seu posto, “eu son unha persoa que cre no que defende” e que, por iso, abandoaba o seu cargo. O xa ex concelleiro indicou que o venres  pasado o xulgado comunicoulle que debería ir a xuizo pola contratación de tres persoas para outros tantos postos de asistencia técnica, cando era alcalde do Porriño, ao redor dos anos 2007 ou 2008 e que non dubidou que debía presentar su demisión.

“Non houbo enriquecimento propio, nin intencionalidade, nin quebranto económico algún para o Concello, nin para os vecinos, eu non intervín na selección e estos profesionais seguen traballando para o Concello”, subliñou Francés, quen confiou en que a súa “completa inocencia” que demostrada. O ex concelleiro amosou a súa confianza na Xustiza e a necesidade de que sexa independente e igual para todos os cidadáns, “como corresponde a unha democracia”.

Raúl Francés lembrou que non se lle imputa delito económico algún, “dos 
considerados como de corrupción” e que sempre foi él, en persoa, quen 
informou, “inmediatamente”, aos vecinos e aos medios de comunicación, 
que estaba baixo investigación, “o mesmo que fago hoxe”.

Preguntado sobre os motivos polos cales estimaba que se lle abría xuizo oral a él antes que a Nelson Santos, anterior alcalde do Porriño, Francés, respostou que él sempre colaborara coa xustiza e que “nunca tiven intención de retrasar ou ostaculizar o proceso xudicial”.



Apoio total da alcaldesa


Pola súa banda, a alcaldesa, Eva García de la Torre, expresou o seu apoio persoal a Francés, ao que calificou como “un moi bo amigo”,  apoio que se extende ao todo o equipo de Goberno local- como amosaron todos os seus integrantes na rolda de prensa-, e manifestou a sua “absoluta seguridade de que Raúl é totalmente inocente”.

García de la Torre, avogada de profesión, enfatizou que na actuación de Francés non houbo nin feito nin intención delictiva algunha, posto que a mesma careceu de dolo e de intencionalidade, como amosa o feito de que ata hai uns anos era a xurisdicción Contencioso-Administrativa quen entendía de estos asuntos, non a penal.

A alcaldesa lembrou que costoulle moito que Raúl Francés aceptase ir na lista que ela encabezara nas Eleccións Municipais de maio, comentou que o Concello e os vecinos do Porriño “non poden perder a dedicación, o coñecemento e o traballo de Raúl" e concluiu dicindo que por iso, "espero que recapacite sobre a súa intención de deixar a política activa”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.