Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 10 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

A presidenta da Deputación reafirma o seu compromiso cunha “sanidade pública, universal, gratuita e de calidade”

Carmela Silva reuniuse coa Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública e garantiu o seu apoio á manifestación do venres en Pontevedra

[Img #21450]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra trasladou aos representantes de SOS Sanidade Pública o seu total e absoluto apoio á manifestación convocada o venres día 13, diante do Hospital Provincial de Pontevedra, para reivindicar a ampliación do Hospital de Montecelo e expresar a súa oposición ao proxecto privatizador do hospital de Monte Carrasco.

 

Carmela Silva asegurou que “xogámonos moito e por iso non só imos apoiar e participar na manifestación, senón que facemos un chamamento a todas as pontevedresas e pontevedreses para que tamén vaian á marcha e defendan a sanidade pública que é de todos”.

 

A Presidenta confirmou que o seu compromiso é total e que por iso se instalará unha pancarta no Pazo Provincial en defensa da sanidade pública. “A nosa oposición é absolutamente radical á construción de Monte Carrasco. Esiximos que se amplíe Montecelo e que siga sendo público. Para experiencia terriblemente negativa xa temos o Hospital privado de Vigo, o Álvaro Cunqueiro, onde hai copagos, carece de infraestruturas básicas, non se responde aos parámetros de calidade e o servizo é deleznable”. Silva engadiu que “por iso, igual que en Vigo pedimos a reversión porque está en xogo a vida da xente, en Pontevedra esiximos que se renuncie a facer  un hospital público-privado que é o mesmo que un hospital para o negocio duns poucos”.

 

Pola súa banda, o portavoz da Plataforma SOS Sanidade Pública de Pontevedra, Manuel Martín, agradeceu expresamente o apoio da Deputación ás súas reivindicacións. Ademais de insistir na importancia de que os cidadáns de todo a área sanitaria de Pontevedra acudan á manifestación, tamén lembrou que a ampliación de Montecelo para dotar dun hospital único e público para miles de usuarios, tería un custo duns 100 millóns de euros fronte aos 1000 millóns que supoñería un novo centro en Monte Carrasco. “É urxente que se acometa o proceso de ampliación de Montecelo e que se renuncie a un proxecto privatizador dos servizos sanitarios que estaría orientado ao lucro dalgúns, como está a ocorrer co Hospital de Vigo, Alvaro Cunqueiro, que está a resultar unha desfeita”, apuntou.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.