Salceda de Caselas
Tourón, convencida de que “o goberno respectará o acordo democrático” sobre o PXOM
![[Img #21470]](upload/img/periodico/img_21470.jpg)
A Voceira do grupo municipal socialista de Salceda, Verónica Tourón, afirmou este martes que o acordo plenario para impulsar un proceso de participación cidadá na elaboración do PXOM “foi unha das propostas estrela do seu programa electoral”. Ademais sinalou que “a súa aprobación respondeu ó cumprimento do mandato que recibiu dos cidadáns de Salceda e que ninguén se pode sorprender da súa presentación, pois foi prantexada antes da campaña electoral”.
Ante as acusacións de Marcos Besada da “inoportunidade da moción” e mesmo a súa “ilegalidade”, o PSdeG-PSOE afirma que “o feito de que o propio secretario da corporación avalase no pleno a proposta, ratificada na lexislación vixente, remata con calquera especulación sobre da súa validez, e por tanto, o PSOE ratifícase en que a proposta non busca paralizar nin retardar ningún proceso, senón permitir que o PXOM se abra á participación dos veciños e veciñas antes da súa aprobación inicial”.
A portavoz socialista, Verónica Tourón, subliña que “o PSOE non se vai amedrentar polas declaracións do equipo de goberno e lembrou ao alcalde que dende o minuto cero ofrecemos consenso e debate sobre a proposta a todos os grupos, e o alcalde negouse nin a dar unha resposta sobre a mesma”.
“Descoñecemos a razón pola que o goberno local defende a proposta dunha empresa por encima da opinión dos veciños, pero convidamos a Marcos Besada e ao seu goberno a sumarse á defensa da información, a transparencia e participación democrática na elaboración de algo tan importante como o PXOM de Salceda. Non importa a autoría do mesmo, debemos deixar de lado egos e posicións electoralistas, porque se trata dun documento que influirá na vida dos veciños e veciñas de Salceda por moitos anos. E cando nos pregunten se como concelleiros e concelleiras fixemos todo o posible por que os veciños opinasen sobre o seu futuro, poderemos dicir que Sí, que xuntos, abrimos o PXOM aos veciños e rematamos cunha época onde o urbanismo se facía nunha oficina cunha empresa e un político.”, afirmou Tourón.
Pola súa banda a executiva local socialista tachou de “oportunistas” as declaracións do goberno local, lembrándolle a Marcos Besada que “ten, dende fai máis dun ano enriba da mesa a proposta da ex-concelleira Marina Cabaleiro de informar e recoller propostas dos veciños antes da elaboración do Plan Xeral, non se trata para nada dunha ocorrencia de última hora e negalo é faltar á verdade cando está publicado en prensa tamén”.
Oposición do PSOE.
Dende o PARTIDO SOCIALISTA de Salceda aseguran que a súa “é unha labor de oposición construtiva, apoiando os temas positivos para Salceda e rexeitando aqueles que consideramos negativos”. Dende o grupo socialista afirman que “erran aqueles que tratan de vender a idea de que tratamos frear ó goberno, pero ninguén pode sorprenderse de que defendamos o noso programa electoral. Convidamos a todos os que falan de “confluencia PP-PSOE” a que revisen as actas dos plenos para ver cantos acordos se tomaron apoiando os socialistas ó goberno e cantos non para comprobar a falsidade deste argumento.”
Por último, a voceira socialista, Verónica Tourón, manifestou que seguirá presentando propostas beneficiosas para Salceda, esperando “que se apoien e que no caso de non facelo, os argumentos non sexan tan pobres e ridículos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191