Salceda de Caselas
O PP de Salceda lamenta que o goberno local renunciase a 3 subvencións por importe de máis de 311.000 euros
Os populares tachan de "irresponsables" aos gobernantes municipais por un mal uso do diñeiro público
O Partido Popular de Salceda de Caselas lamenta que tras solicitar axudas a outras administracións públicas e estas veñan aprobadas, agora o Goberno local as rexeite e renuncie a elas “por circunstancias económicas”, segundo se expón nos escritos emitidos polo propio Concello.
Son un total de máis de 311.000 euros que “irán de volta” e que se corresponden cunha subvención da Consellería de Economía e Industria para a posta en marcha do proxecto de III fase de mellora da praza de abastos (139.992,61 euros), unha axuda solicitada ao Grupo de Desenvolvemento Rural Condado-Paradanta por importe de 145.000 euros e que iría destinada a converter o antigo matadoiro nun centro de interpretación do río e outra achega de 26.405,81 euros da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para levar a cabo o proxecto denominado “Redes de alumeado público”.
Dende o PP de Salceda lamentan que “a irresponsabilidade dos gobernantes municipais supoña un grave prexuízo para a localidade e todos os seus veciños, perdendo a posibilidade de poñer en marcha diferentes proxectos de gran valor para o Concello de Salceda”, asegura Santiago Rodríguez Davila, presidente e concelleiro do Partido Popular.
O feito de que non exista partida nas arcas municipais para facer fronte a estas axudas, pois en todas elas contémplase unha achega por parte do Concello, os populares atribúeno “a un mal uso do diñeiro público”, poñendo de exemplo “o plan de investimentos encuberto que puxeron en marcha en plena precampaña electoral, no que gastaron o que non se tiña e derivando cartos doutras partidas para este propósito electoralista. Se en vez de malgastar os cartos nestas actuacións os destinasen a estas subvencións non teríamos agora que lamentarnos, podendo aceptar as axudas e levar adiante os diferentes proxectos de gran necesidade e que benefician a todos os salcedenses”, conclúe Rodríguez Davila.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191