Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 11 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

A Xunta continúa no Porriño os contactos cos concellos da área metropolitana de Vigo

O director xeral de Administración Local, Alberto Pazos Couñago, reuniuse hoxe coa súa alcaldesa para coñecer as súas propostas e suxestións

[Img #21479]

 

O director xeral de Administración Local, Alberto Pazos Couñago, reuniuse hoxe coa alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, para coñecer as súas propostas e suxestións relativas á Área Metropolitana de Vigo.

 

Pazos Couñago lamentou profundamente que os restantes grupos da corporación municipal do concello de Porriño “non foran invitados á xuntanza, tal e como se ven facendo en todas as reunión que se están mantendo cos concellos, polo que anunciou que contactará con estas forzas políticas para poder coñecer as súas propostas, ideas e suxestións con respecto á Área, intentando minimizar o retraso que poda producirse”.

 

O director xeral avanza así a rolda de contactos cos 14 alcaldes da Área Metropolitana, e ao igual que en anteriores ocasións destacou a cordialidade do encontro ca alcaldesa e a coincidencia en varios puntos importantes como son o financiamento e un sistema de participación equilibrado.

 

Ademais, no tocante á Xunta de Goberno e o voto ponderado,a alcaldesa expresou a necesidade de garantir que Porriño estea debidamente representada polo que propuxo un voto ponderado corrixido, establecendo un número mínimo de concellos para a adopción de acordos.

 

Segundo explicou Pazos Couñago, a alcaldesa de Porriño amosou o seu interese  pola implantación dun servizo de transporte metropolitano integral, coa incorporación de Vigo, para así poder optimizalo e beneficiar aos cidadáns dos 14 concellos involucrados.

 

Pola súa banda, o director xeral de Administración Local, Alberto Pazos Couñago, expúxolle á rexedora as ventaxas  da implantación inmediata da Área Metropolitana, coincidindo ambos na conveniencia de constituíla definitivamente no menor prazo posible.

 

A axenda de encontros do director xeral da Xunta continuará nos concellos de Redondela, Cangas, Moaña e Vigo co obxectivo de seguir coñecendo persoalmente as propostas e suxestións dos representantes municipais e intentar acadar así o máximo consenso posible para que a Área Metropolitana bote a andar canto antes. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.