Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 15 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
Tomiño

Tomiño destaca como único concello de Galicia que pertence a rede Eurodesk

O Eurodesk é un servizo de información dirixido a mozos e mozas a través do cal poden participar en programas europeos de formación, educación, voluntariado, bolsas de estudos,…

[Img #21484]

 

O Concello de Tomiño ven de ser o único punto de información da rede Eurodesk de Galicia. O Eurodesk é un servizo dirixido a mocidade que quere coñecer e participar en programas europeos de formación, educación, voluntariado, bolsas de estudos, …


Tomiño configúrase como punto de información deste programa europeo que ten a súa sede no estado español no Instituto da Xuventude de Madrid. Ao pertencer a esta rede, o Concello de Tomiño ten acceso directo a información xestionada a través da Comisión Europea e das axencias que dependen del. Ademáis, proporciona información nacional sobre programas e accións dos países participantes.


Actualmente, a rede Eurodesk conta con 53 puntos de información no estado español e 1.200 en 35 países da Unión Europea. Os puntos de información comprométense a asesorar sobre traballo, educación, formación, turismo, intercambios entre xóvenes, búsquedas de contactos para posibles socios para proxectos europeos, programas e iniciativas europeas, aloxamento, dereitos.


Tomiño funcionará como oficina de información, labor que é categorizada no programa Eurodesk como posto “multiplicadores cualificados”.


O Concello de Tomiño ven a incrementar deste xeito, os servizos que presta a mociade a través da adhesión a programa e servizos europeos. Tomiño leva varios anos participando no Programa Xuventude en Acción e beneficíandose de programas nel incluidos como Servizo de Voluntariado Europeo, intercambios para xóvenes de entre 13 e 25 anos ou proxectos de democracia participativa onde mozos de diferentes países traballan sobre un proxecto local.


A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destaca “a traxectoria de Tomiño na programación do voluntariado europeo e o esforzo do equipo técnico para que os mozos e mozas do concello se poidan beneficiar profesionalmente de formación noutros países”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.