Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 11 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

O inquilino dun piso de Gregorio Espiño, en Vigo, queimouse nas mans a causa dun incendio na cociña

[Img #21485]Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo a unha persoa que se queimou nas mans tras producirse un incendio na súa vivenda. Segundo confirmaron os bombeiros da cidade, o inquilino do terceiro andar do número 60 da Rúa Gregorio Espiño resultou ferido a causa dun lume que comezou na campá extractora da cociña e que encheu de fume todo o apartamento. Os veciños, que empezaron a escoitar berros, contactaron co 112 Galicia para pedir axuda. O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou de inmediato aos efectivos do parque municipal de bombeiros, así como aos axentes da Policía local e Nacional. Ante a sospeita de que alguén resultase ferido, os xestores do 112 Galicia alertaron, tamén, aos técnicos sanitarios que, finalmente, trasladaron ao inquilino do piso. O CAE 112 Galicia rexistrou o suceso ás 13:40 horas de hoxe.  

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.