Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 14 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:

Seis persoas resultaron feridas en dúas colisións múltiples rexistradas no Porriño e Cuntis

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron onte a seis persoas que resultaron feridas en senllos accidentes múltiples rexistrados no Porriño e Cuntis. O persoal do CAE 112 Galicia tivo constancia do primeiro accidente ás 20:40 horas de onte na localidade do Val da Louriña. Os tres turismos implicados no accidente circulaban pola A-55, á altura do quilómetro 18. Neste caso, catro persoas foron asistidas e trasladadas polos técnicos de Urxencias Médicas, segundo confirmaron os membros de Protección Civil do Porriño.
 
O segundo sinistro se produciu en Cuntis, na N-640, preto do Campo de Fútbol da Ran. Ata alí se desprazaron, ademais dos servizos sanitarios de urxencia, os axentes da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil. Unha chamada ao 112 Galicia ás 22:10 horas de onte permitiu aos xestores do Centro de Atención ás Emerxencias alertar aos distintos servizos de emerxencias. A colisión, na que tamén se viron implicados tres vehículos, provocou diversas lesións a dúas persoas que foron atendidas polos técnicos sanitarios.
 
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.