Provincia
O "Plan Concellos 2016" contará cun 30% máis de recursos económicos para os concellos da provincia
A Presidenta da Deputación, Carmela Silva, destaca a eliminación da libre disposición e a autonomía local para a distribución dos fondos
![[Img #21531]](upload/img/periodico/img_21531.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, salientou o pasado venres 13 na presentación do "Plan Concellos 2016" que os fondos económicos se incrementarán nun trinta por cento con respecto ao que se dispoñía en anteriores exercicios. Así subliñou que serán 40 millóns de euros o que se repartirán os 60 concellos da provincia que se inclúen no " Plan Concellos 2016".
Carmela Silva destacou que no 2015 foron 24 millóns os adicados aos concellos e os seis millóns de libre disposición do presidente, fronte os 40 millóns para o 2016, onde os criterios de reparto son transparentes e conocidos por todos e todas. "A libre disposición do presidente é a espada do clientelismo, caciquismo e a discriminación, algo que agora eliminamos", sinala Silva.
A Presidenta, que compareceu ante os medios, acompañada polo vicepresidente, César Mosquera, salientou que os concellos poderán determinar a elección dos investimentos e actuacións subvencionables que desexen realizar dentrodas catro liñas de axudas que vai contar o plan. Estas liñas son: para investimentos, propios ou cofinanciados con outras administracións; para amortización de créditos bancarios, pagamento de débedas a acredores e pagos de gastos correntes; para actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e actividades medioambientais; e a últimadas liñas é para a creación de emprego destinado o funcionamento dos servizos municipais.
Dos corenta millóns de euros do plan, dezaseis millóns vanse repartir de xeito lineal entre sesenta concellos da provincia. Pontevedra e Vigo disporán de partidas distintas mediante convenios propios. Así a cada concello vanlle corresponder unha cantidade fixa de douscentos sesenta e seis mil seiscentos e sesenta e seis con sesenta e sete euros (266.666,67 €), segundo indicou Carmela Silva. Esta cantidade fixa sufre, de media, un incremento dun 31% para os concellos o que suporá cerca de cen mil euros máis o ano.
Os outros vinte catro millóns de euros do plan vanse repartir atendendo a tres criterios básicos: A poboación de cada concello a súa superficie e os seus núcleos de poboación. Precisamente este último criterio, que introdúcese para 2016, pretende primar a dispersión poboacional e a dificultade de prestar servizos a estes núcleos aislados.
Ademais inicialmente estes 24 millóns de euros conta cunha distribución previa, en tres grupos de concellos. Os concellos de menos de dez mil habitantes contarán con 7,2 millóns; os concellos entre dez mil e vinte mil habitantes terán 9,6 millóns; e os concellos entre vinte mil e cincuenta mil recibirán 7,2 millóns de euros.
Pola súa banda o vicepresidente, César Mosquera, destacou como un orgullo o traballo feito para acadar un plan para todos os concellos con estas cantidades económicas e, sobre todo, "renunciar a libre disposición que parecía unha tolería, renunciando expresamente a calquera discrecionalidade". Mosquera tamén subliñou o compromiso de permanencia deste plan e o respecto a autonomía total dos concellos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149