GALICIA
A Xunta propón iniciar a definición dun mapa de rutas “coherente” para os aeroportos galegos
A representante do Goberno galego expresou a vontade da Administración autonómica de implicarse neste traballo, sempre baixo a premisa do consenso entre todos os concellos de que é necesario que as cidades deixen de competir entre elas en detrimento das finanzas municipais e do interese xeral de Galicia
![[Img #21536]](upload/img/periodico/img_21536.jpg)
A Xunta de Galicia propón aos Concellos “sentar as bases para iniciar a definición conxunta e consensuada dun mapa de rutas coherente para os aeroportos galegos”. Así se acordou na xuntanza do grupo de traballo, no que están Aena, o Ministerio de Fomento e os Concellos onde existe un aeroporto, para o desenvolvemento de novos destinos celebrado o pasado día 13 no aeroporto da Coruña e no que tamén participou a directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas.
A representante do Goberno galego expresou a vontade da Administración autonómica de implicarse neste traballo, sempre baixo a premisa do consenso entre todos os concellos de que é necesario que as cidades deixen de competir entre elas en detrimento das finanzas municipais e do interese xeral de Galicia.
Pola súa banda, os representantes dos concellos de Santiago, A Coruña e Vigo comprometéronse a presentar, antes da vindeira xuntanza, os datos das liñas aéreas que operarán en 2016 apoiadas polas respectivas administracións locais. Así mesmo, manifestaron a súa disposición a remitir as preferencias de destinos para os aeroportos das súas cidades.
Helena de Lucas insistiu en que o Goberno galego “é contrario a apoiar con fondos municipais os destinos aéreos e reclamou que, en todo caso, este tipo de actuacións se transparenten nas xuntanzas de coordinación. Desa forma será posible seguir unha política de promoción turística exterior coherente coas rutas aéreas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149