A Xunta de Galicia aplicará en 2016 máis de 360 millóns de euros en beneficios fiscais
As medidas da administración galega suporán, para os cidadáns, un 13% máis de aforro que no presente exercicio.
![[Img #21599]](upload/img/periodico/img_21599.jpg)
A Xunta de Galicia aplicará en 2016 beneficios fiscais para familias, fogares e empresas por un importe de 364 millóns de euros, o que supón un incremento do 13,3% respecto ao actual exercicio. Así aparece recollido no proxecto de Orzamentos da Xunta para 2016, aprobado en outubro e que actualmente atópase tramitación parlamentaria.
Os beneficios fiscais son unha estimación do impacto que teñen as medidas de política económica e social da Xunta nos tributos autonómicos. É dicir, son cartos que a Administración galega deixa de recadar e que quedan a disposicións de cidadáns e empresas. Hai que ter en conta que do total de beneficios fiscais en 2016, preto do 90% son de carácter social, incluídas todas aquelas deducións que se aplican aos fogares con menos rendas.
Nas bonificacións que se aplicarán en 2016 terán un impacto especial as rebaixas fiscais aprobadas pola Xunta de Galicia nos seus Orzamentos, que se centran en tres ámbitos: o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF), o Imposto sobre Sucesións e un programa específico de impostos no rural. Esta rebaixa terá un impacto estimado de 140 millóns de euros, o que a converte na maior rebaixa fiscal da historia da Autonomía.
![[Img #21595]](upload/img/periodico/img_21595.jpg)
No IRPF, a Xunta de Galicia aplicará unha rebaixa de carácter progresivo no seu tramo autonómico que vai beneficiar ao 98,5% dos contribuíntes galegos, cun aforro estimado de ata 380 euros ao ano por contribuínte. A rebaixa fiscal neste imposto notarase máis nas rendas baixas e medias, e en todo caso situará a Galicia entre as comunidades coa menor tributación nestas rendas.
En canto ao Imposto sobre Sucesións, a Xunta elevará o mínimo exento de tributación a 400.000 euros a partir do vindeiro 1 de xaneiro. Deste xeito, o 99% dos galegos non terán que pagar este imposto no momento en que herden como fillos, pais, avós, netos ou cónxuxes, e o 1% restante pagará menos. Galicia sitúase tamén entre as comunidades autónomas coa tributación máis baixa neste imposto.
Finalmente, no ámbito rural complétase un programa de impostos cero para favorecer a actividade neste eido. Deste xeito, ningunha transmisión de fincas en solo rústico pagará imposto de transmisións patrimoniais.Ademais, deixará de tributar a transmisión ou ampliación de explotacións agrarias, mentres que as agrupacións de fincas rústicas tampouco pagarán o imposto de Actos Xurídicos Documentados.
![[Img #21596]](upload/img/periodico/img_21596.jpg)
Axudas á natalidade
Ademais das novas baixadas fiscais incluídas nos Orzamentos para 2016, a Xunta manterá o vindeiro ano as deducións fiscais por natalidade que xa se están a a aplicar durante este exercicio na Comunidade Autónoma. Estas axudas sitúan a Galicia como a comunidade con maiores beneficios fiscais no fomento da natalidade, unha ferramenta que se enmarca nas actuacións do Executivo autonómico para combater a crise demográfica.
Así, neste 2015 o Goberno galego xa aplicou unha dedución fiscal por natalidade, que pasou de 300 a 360 euros para o primeiro fillo; a 1.200 euros para o segundo; e a 2.400 euros para o terceiro. Esta dedución aplícase para niveis de renda de ata 22.000 euros e durante os tres primeiros anos de vida do neno.
No ámbito da natalidade, a Administración galega tamén ampliou o importe máximo de dedución por coidado de fillos menores, que pasou de 200 a 400 euros. E incrementouse a porcentaxe e o límite da dedución por aluguer de vivenda habitual no caso de ter dous ou máis fillos, xa que neste caso a dedución pasa de 300 a 600 euros, cun límite do 20%.
Ademais, a Xunta mantén igualmente outras bonificacións fiscais coma a ampliación ás cooperativas da dedución por investimento na adquisición de accións ou participacións sociais en entidades novas ou de recente creación.
Dende o goberno galego tamén veñen de aprobar unha dedución por donativos para I+D+I do 25% das cantidades doadas a centro de investigación, cun límite máximo do 10% da cota íntegra.
Tamén vén de crearse unha dedución do 5% dos investimentos en instalacións de climatización e auga quente sanitaria que empreguen enerxías renovables en vivenda habitual, e destinadas exclusivamente a autoconsumo.
Un investimento de 460 euros por cada habitante de Pontevedra
A Xunta disporá o vindeiro ano de 430 millóns de euros máis, polo incremento do gasto non financeiro e polo aforro nos xuros da débeda.
![[Img #21598]](upload/img/periodico/img_21598.jpg)
A Xunta de Galicia investirá no exercicio 2016 nas provincias de Lugo e Ourense case un 50% máis que nas de A Coruña e Pontevedra, co obxectivo de seguir impulsando o “reequilibrio territorial entre as provincias orientais e as atlánticas”. Así o avanzou o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, durante a presentación no Parlamento dos Orzamentos da Xunta para 2016.
En concreto, Valeriano Martínez detallou que o investimento por habitante nas provincias de Lugo e Ourense será de 725 e 688 euros, respectivamente. Pola contra, o investimento per cápita na provincia de A Coruña será de 502 euros, e de 460 euros na de Pontevedra.
En canto ao gasto por consellerías, os departamentos con máis dotación son Sanidade (3.513 millóns) e Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (2.249). Política Social contará con 620 millóns, e Medio Rural terá 505, mentres que o resto distribúese entre Economía, Emprego e Industria (403); Infraestruturas e Vivenda (340); Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (253); a Presidencia da Xunta (169); Mar (129); Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (109) e Facenda (53).
![[Img #21597]](upload/img/periodico/img_21597.jpg)
O conselleiro de Facenda lembrou que estes Orzamentos teñen como prioridade a aposta polo emprego e o aumento dos investimentos, ao tempo que reforzan o gasto social e reducen o déficit e a débeda. Ademais, isto coincidirá cunha aceleración da recuperación económica –o PIB galego medrará en 2016 un 2,5%, unha décima máis do estimado-, mentres que a taxa de desemprego seguirá baixando e reducirase case dous puntos.
100 millóns para industrialización e internacionalización
Os Orzamentos para 2016 elevan un 14% os investimentos, que chegan aos 1.417 millóns de euros, e destinan 100 millóns no apoio á industrialización e a internacionalización, mentres que as partidas para crecemento intelixente aumentan un 8,1%. O Goberno galego eleva un 15% as partidas para políticas activas de emprego, prestando especial atención a colectivos como os emprendedores ou os parados de longa duración.
En canto ao gasto social, a Xunta elévao en 282 millóns dos que preto de 200 irán destinados a sanidade e educación. Galicia destinará en 2016 324 millóns no capítulo de Dependencia, e eleva a 53 millóns a partida da RISGA. E porá en marcha medidas como a achega de 100 euros por neno nado a partir do 1 de xaneiro e o Servizo de axuda no fogar.
Plan Estratéxico 2015-2020
Os Orzamentos da Xunta para 2016 xa teñen en conta os eixes prioritarios do Plan Estratéxico 2015-2020. Así, o eixe 1 (empregabilidade e crecemento intelixente) e o eixe 2 (benestar e cohesión social) concentran máis de 7.000 millóns de euros, mentres que o eixe 3 (crecemento sustentable, territorio, mar, agricultura, gandería e montes) contará con 933 millóns, e o eixe 4 (sociedade dixital, lingua e cultura) terá 434 millóns. Ao eixe instrumental –administración moderna, eficiente e de calidade- asígnanse 179 millóns de euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149