Mos
Mos difunde o programa de Garantía Xuvenil a través dunha charla informativa
Realizarase o vindeiro 27 de novembro ás 10.00 horas no salón de actos da Axencia de Colocación e está dirixida a mozos de entre 16 e 20 anos
![[Img #21625]](upload/img/periodico/img_21625.jpg)
As concellerías de Promoción Económica e Emprego e de Educación e Participación Cidadá que dirixen os edís mosenses Óscar Soto e Kely Monzón, respectivamente, organizan conxuntamente unha charla informativa sobre o programa de Garantía Xuvenil.
A Xunta de Galicia, a través da consellería de Economía, Emprego e Industria está a implementar o programa de Garantía Xuvenil. Trátase dun sistema dirixido a mozos e mozas entre 16 e 29 anos que contempla actuacións para mellorar a súa empregabilidade, facilitar a súa inserción no ámbito laboral, promover o emprendemento e mellorar a súa situación dentro do mercado de traballo.
O día 27 de novembro, ás 10:00 horas, terá lugar unha charla informativa sobre este sistema no salón de actos da Axencia de Colocación.
O Concello de Mos ten moi en conta as dificultades de inserción dos mozos do municipio, por elo está a colaborar coa consellería de Economía, Emprego e Industria na difusión deste programa, xa dende o ano pasado; ademais de solicitar ao Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e ao Ministerio de Emprego e Seguridade, a participación no proxecto SIX+Garantía Xuvenil, para ser “Centro de Información Garantía Xuvenil”, en colaboración co Instituto de Xuventude de España (INJUVE).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149