Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 20 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

O Concello de Salceda abónalle aos seus empregados a metade da paga extra do 2012

O Equipo de Goberno de Salceda de Caselas (Movemento Salceda) ven de autorizar o reintegro do 50,27% do importe da paga extra de Nadal de 2012 aos empregados públicos que, por aplicación do Real Decreto Lei 20/2012 do 13 de xullo, deixaran de percibir este ingreso. Agora, en base á Lei 36/2014 de 26 de decembro e ao RDL 10/2015 de 11 de setembro, que deixan liberdade aos Concellos para proceder á devolución dunha parte da Paga, Salceda de Caselas acóllese a esta posibilidade para proceder á devolución da parte permitida da Extra. Para iso, era condición indispensable contar co informe favorable de Intervención no cal se aconsellase que a situación económico-financieira do Concello fixese posible esta devolución, condición que se deu no caso de Salceda de Caselas, segundo concluíu no seu informe a Interventora Municipal. Con esta medida, 32 empregados/as van recuperar un total de 25.140,50 €.


O Equipo de Goberno de Salceda de Caselas, asegura que sempre se amosara "en contra da medida da retirada da Paga Extra aprobada polo Goberno do Estado", polo que agora se acolle á opción de devolución da porcentaxe que permite a Lei, unha vez que se dan as circunstancias económicas precisas no Concello para poder levar a cabo esta devolución.


Jose Luis González, Concelleiro de Facenda e Persoal de Movemento Salceda afirmaba que “seguimos a defender a nosa posición do 2012, cando nos amosábamos en contra da retirada, por Lei e por parte do Estado, dun dereito básico dos/as traballadores/as. Ante esta posibilidade legal, o Equipo de Goberno así o demostra, acolléndose á posibilidade de reintegro duns ingresos que nunca deberon ser retirados”.


Pola súa banda Marcos Besada, Alcalde de Salceda dixo que  “os Empregados Públicos pagaron unha crise da cal non eran culpables, con contínuos recurtes e perda de dereitos. Queremos pensar que esta non sexa unha medida electoralista e que realmente o Goberno restitúa os dereitos adquiridos dos traballadores”.  

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.