Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 26 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

A Deputación de Pontevedra concede preto de 400.000 € a conservatorios e escolas de música da provincia

En total, 46 centros da provincia serán beneficiados por estas subvencións da Deputación de Pontevedra.

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou subvencións por valor total de 350.000 destinados a 46 centros que imparten formación musical na provincia de Pontevedra. En concreto, concedéronse 150.000 € a 10 conservatorios de música, non dependentes da Consellería de Educación, de Cambados, Cangas, A Estrada, Gondomar, A Guarda, Lalín, Ponteareas, Redondela, Tui e Vilagarcía de Arousa. A maiores, 23 escolas de música públicas de Agolada, Baiona, Cambados, Cangas, Catoira, A Estrada, Fornelos de Montes, Marín, Meaño, Moaña, Mondariz, Moraña, As Neves, Ponteareas, O Porriño, Redondela, Sanxenxo, Silleda, Tui, Valga, Vigo, Vila de Cruces e Vilagarcía de Arousa recibirán 150.000 €.  Ademais, 13 escolas de música dependentes de asociacións sen ánimo de lucro recibirán subvencións por valor de 50.000 €, en concreto, a Agrupación Musical de Vincios (Gondomar), a Banda de Música de Lalín, a Asociación do Centro Recreativo e Cultural de Torroso (Mos), a Banda de Música Xuvenil de Xinzo (Ponteareas), a Banda de Música La Unión de Guláns (Ponteareas), Músico Cultural San Mariño de Salcedo (Pontevedra), Agrupación Musical de O Rosal, Amigas da Música de Salceda de Caselas, Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida de Matamá (Vigo), Unión Musical de Coruxo (Vigo), Unión Musical de Valladares (Vigo), Asociación Banda Escola de Música de Beade (Vigo) e Asociación Pro Escola de Música de Vilanova de Arousa.


    
No eido deportivo, a Xunta de Goberno aprobou o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto e cun orzamento de 240.000 €, da subministración de material deportivo diverso para os clubs federados da provincia de Pontevedra. Por outra banda tamén se aprobaron as bases para a convocatoria de subvencións, por valor de 197.000 €, a concellos con poboación inferior a 20.000 habitantes, para a adquisición de desfibriladores, mantemento e reparación de instalacións deportivas e a adquisición de material deportivo e ocio inventariable durante o exercicio 2015.

 

A Xunta de Goberno aprobou tamén subvencións de preto de 600.000 € para a subministración de material deportivo para clubs da provincia, a adquisición de desfribriladores, mantemento de instalacións deportivas e servizos de axuda no fogar

 

En canto a servizos sociais, a Deputación de Pontevedra aprobou a ampliación da subvención dos servizos de axuda no fogar a 28 concellos da provincia de Pontevedra, de menos de 20.000 habitantes, por valor de 125.000 €. En concreto, beneficiaranse Agolada, Bueu, Cambados, Campo Lameiro, Catoira, Cerdedo, Cuntis, Forcarei, Fornelos de Montes, O Grove, A Lama, Meis, Moaña, Mos, As Neves, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, O Porriño, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Valga, Vila de Cruces, Vilaboa e Vilanova de Arousa.  

 

Ademais, a Xunta de Goberno aprobou unha segunda edición das accións formativas  Actívate 2015 concedidas a tres concellos (Ponteares, Portas e Tui). Actívate 2015 ten por finalidade desenvolver actividades formativas e educativas no ámbito do lecer e do tempo libre para mellorar a formación básica da mocidade da provincia de Pontevedra. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.