Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 24 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Xoves remata o prazo para inscribirse na charla-taller “Adolescentes hoxe: home e muller, somos iguais?”

A iniciativa enmárcase no programa de actos con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero

As concelleiras mosenses de Política Social, Sara Cebreiro, e de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, lembraron hoxe que, -con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero-, o xoves 26 de novembro ás 19.00 horas realizarase unha actividade no IES de Mos, dirixida ós pais e nais do alumnado do Instituto e tamén de alumnos dos últimos cursos de Educación Primaria, quinto e sexto, concretamente. A iniciativa incluirá unha conferencia seguida de talleres para que os pais debatan e aporten información sobre como identificar situacións de violencia de xénero. Esta charla-taller, titulada “Adolescentes hoxe: home e muller, somos iguais?”, será impartida pola orientadora educativa, psicopedagoga, psicóloga e escritora, Betina Represas Vázquez.

 

Trátase dunha acción que pretende concienciar e sensibilizar sobre a violencia de xénero, lamentablemente tan presente na sociedade actual. A idea a trasladar por esta iniciativa é que mozos e mozas teñen as mesmas necesidades –ser respectados, coidados, escoitados e comprendidos- aínda que socialmente persistan os prexuízos, a discriminación e as diferenzas no trato por razóns de xénero.

 

Betina Represas, profesional encargada de impartir esta charla/taller, asegura que a finalidade deste obradoiro céntrase en sensibilizar ás nais e ós pais na necesidade de previr a violencia machista dende as súas manifestacións máis temperás. Para elo empregará na actividade unha metodoloxía dinámica e amena mediante a que se analizarán de xeito práctico situacións reais da vida cotiá, para reflexionar sobre elas e propoñer cambios nas actitudes e nos comportamentos que ás veces se levan a cabo erróneamente como pais e nais de rapaces/as adolescentes. Así, trataranse temas como as relacións de parella entre adolescentes, a influencia do grupo na conduta individual da moza e do mozo, ou os mitos de amor romántico e o ‘micromachismo’ na sociedade actual.

 

Os pais e nais de alumnos interesados en participar no obradoiro teñen ata mañá para inscribirse chamando ó número de teléfono 986 33 94 04. Mañá é, polo tanto, o último día para formalizar a inscrición e o horario habilitado para facelo será de 09.00 horas a 14.00 horas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.