Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 25 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Mos acolle a Mesa Local sobre Violencia de Xénero

En conmemoración do Día Internacional contra esta lacra social, o municipio mosense busca nesta Mesa as claves da igualdade entre sexos

[Img #21736]

 

Hoxe, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, tivo lugar no salón de actos da Axencia de Colocación de Mos a Mesa Local sobre Violencia de Xénero constituída por profesionais dos ámbitos xurídico, social, sanitario, educativo, policial, etc. Tamén se invitou a participar a outros profesionais que estean traballado neste tema.

 

Estiveron presentes no acto a concelleira de Política Social mosense, Sara Cebreiro, a edil de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, as Traballadora Social e Psicóloga municipais, o Traballador Social dos Centros de Saúde de Mos e O Porriño, representantes da Policía Local, da Garda Civil e da Asociación de Mulleres Rurais Val da Louriña, un representante do Centro de Emerxencias para Mulleres en Situación de Violencia de Xénero e representantes da Corporación Municipal.

 

O punto principal da orde do día foi unha conferencia por parte de Silvia Pérez Freire, socióloga e investigadora social especializada en violencia de xénero, sobre o tema “As mulleres estranxeiras ante a violencia de xénero”. Pérez Freire tamén presentou o proxecto “Speak Out for support SOS – VICS” (guía de boas prácticas para o traballo como intérprete en contextos de violencia de xénero), proxecto centrado na formación de intérpretes cuxa especialidade é o traballo con vítimas estranxeiras de violencia de xénero. A ponente foi a responsable do traballo de campo deste proxecto.

 

Silvia Pérez Freire é socióloga e Profesora Asociada da Universidade de Vigo dende o ano 2007 ata o ano 2013. Dirixiu durante 5 anos o Centro de Día e a Unidade Móbil en Prostitución da Asociación Alecrín, a través da que interveu en numerosos proxectos de intervención social, redacción de informes técnicos, así como na participación de congresos e mesas redondas.

 

Continúa o seu labor nesta área dende entón, colaborando como investigadora en diversas Universidades españolas, con ONG´s, empresas sociais, centros de estudios e na administración pública. Pertence ao grupo de investigación de “Socioloxía e Antropoloxía Aplicada” da Universidade de Vigo; á Rede Iberoamericana da Investigación sobre Imaxinarios e Representacións e á Rede Galega contra a Trata.

 

Publicou catro libros monográficos, unha guía e dous manuais. Dirixiu tres investigacións (dúas de carácter local e una autonómica). Participou noutras 7 investigacións e realizou 15 artigos sobre as liñas de estudio: Prostitución-Sexualidade e Igualdade-Violencia.

 

A celebración desta Mesa Local sobre Violencia de Xénero persegue o obxectivo fundamental de buscar as claves para fomentar a igualdade entre sexos de cara a previr e erradicar calquera tipo de maltrato ás mulleres.

 

Sobre a realidade que lamentablemente require da celebración desta data as representantes municipais declararon durante a Mesa que “a desigualdade entre homes e mulleres existente no nosa sociedade constitúe un dos ataques máis fragantes aos dereitos fundamentais como a liberdade, a igualdade a seguridade e a non discriminación; por iso dende o Concello de Mos vimos realizando ao longo deste anos diferentes actividades encamiñadas á formación dos profesionais,  á prevención e á sensibilización social respecto da gravidade e magnitude deste problema, actividades que se complementan coas que hoxe presentamos incluídas dentro do programa oficial do Día Internacional contra a Violencia de Xénero”.

 

Así mesmo a edil de Política Social, Sara Cebreiro, insistiu en que “considerando a desigualdade  como o xerme para as situacións de violencia de xénero, e o Concello como a administración más preta á cidadanía, este último convértese no marco de referencia para a loita contra  a desigualdade  e para a prevención e sensibilización en violencia de xénero, de ahí que dende este espazo esteamos a facer realidade multitud plans e programas a prol da prevención e erradicación de todo tipo de violencia contra as mulleres”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.