GALICIA
O Concello de Salceda de Caselas únese para protestar contra a Violencia de Xénero
![[Img #21743]](upload/img/periodico/img_21743.jpg)
O Concello de Salceda escenificou a sua repulsa contra a Violencia de Xénero con unha concentración silenciosa que se levou a cabo na entrada da Casa do Concello, onte mércores 25 de Novembro, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Na concentración estiveron presentes representantes dos tres grupos políticos que conforman a Corporación Municipal (Movemento Salceda, PP e PSOE), empregados e empregadas municipais, así como público en xeral que quixo unirse á mesma.
Con esta concentración púxose fin aos actos conmemorativos do 25N, que comezaran onte coa posta en escea da obra “Pementeiras, unha historia do empoderamento femenino”, da man de Xoré Teatro, e que non deixou indiferente aos asistentes á mesma pola súa mensaxe directa en defensa do papel das mulleres na sociedade.
Teresa Pérez, Concelleira de Igualdade: “Por desgraza a celebración desta data segue máis vixente que nunca, e Galiza está a sufrir especialmente as consecuencias desta lacra nos últimos tempos. Temos que seguir sumando esforzos na loita contra a Violencia de Xénero, e actos simbólicos como o de hoxe visualizan a preocupación da sociedade por un tema tan grave”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129