PONTEAREAS
Ponteareas comeza a instalación do alumeado de Nadal
![[Img #21760]](upload/img/periodico/img_21760.jpg)
O casco urbano do Concello de Ponteareas está a ser testemuña estes días da instalación do alumeado das festas de Nadal e do equipo de son que permitirá gozar de música ambiente relacionada con esta festividade durante as vindeiras semanas. O goberno local prevé que as luces estean prendidas, como moi tarde, a partir do próximo 7 de decembro, adiantándose deste xeito ao inicio do alumeado que se viña realizando en anos anteriores.
Ponteareas iluminará un total de 22 rúas e avenidas, dúas prazas, tres rotondas, o mercado municipal e as dependencias municipais como a Casa do Concello ou as instalacións de Bombeiros e Policía Local. O goberno local encargou a instalación de varios tipo de artigos de iluminación: diversos carteis, arcos variados, motivos para adornar diferentes farois e algunhas árbores 3D de 2,50 metros de altura. No caso do son ambiental, a empresa encargada dos traballos instalará equipos de megafonía en 12 rúas e avenidas diferentes da vila.
Con esta decisión de adiantar o acendido das luces de nadal preténdese “favorecer e potenciar a actividade do comercio e da hostalería da vila”, asegura o goberno local, “consciente da importancia que teñen estas datas no desenvolvemento dun dos sectores con máis peso económico do concello”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149