GALICIA
Un barco con seis tripulantes galegos a bordo se incendia en augas portuguesas
![[Img #21797]](upload/img/periodico/img_21797.jpg)
O 112 Portugal mantén aberto un operativo de rescate e extinción dun incendio declarado nun barco de bandeira portuguesa cuxos seis tripulantes son galegos. É un barco de pesca, o “Mar da Galega”, que se atopaba faenando a unhas millas de Nazaré -en augas portuguesas- cuando se declarou o lume. Os mariñeiros están a salvo e o lume xa foi sofocado, confirmou o persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia e Salvamento Marítimo. O barco incendiado con toda a tripulación a bordo será remolcado e trasladado ao Porto de Vigo nas vindeiras horas.
A chamada dun dos tripulantes, un armador de Muros, ao 112 Galicia, arredor das dez desta mañá, permitiu ao 112 portugués enviar os recursos necesarios para o rescate da tripulación e a extinción do incendio. Pola súa banda, o persoal do 112 Galicia buscou o apoio do Servizo de Gardacostas de Galicia e de Salvamento Marítimo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149