Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 30 de Noviembre de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

A macro clase de Zumba reuniu a trescentos veciños de Mos

O principal obxectivo desta actividade, incluída na programación do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, foi fomentar a igualdade entre sexos de cara a previr e erradicar calquera tipo de maltrato ás mulleres

[Img #21798]

 

A concellería de Política Social e Cultura, dirixida pola edil Sara Cebreiro, con motivo da celebración, o día 25 de novembro, do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e co obxectivo de fomentar a igualdade entre sexos de cara a previr e erradicar calquera tipo de maltrato ás mulleres, organizou onte, domingo 29 de decembro, no Pavillón Óscar Pereiro unha clase colectiva de Zumba baixo o título “Móvete contra a Violencia”, dirixida a público de todas as idades e na que tamén participou a propia Cebreiro.

 

Esta animada proposta, organizada para que a veciñanza tomase conciencia en torno á grave lacra social que é a violencia de xénero, reuniu a trescentas persoas que, a parte de pasar unha xornada divertida, conseguiron transmitir a importante mensaxe de que a sociedade mosense en bloque rexeita calquera tipo de maltrato cara a muller, e que as vítimas endexamais estarán soas fronte ós agravios machistas.

 

Dende o Concello de Mos véñense realizando ao longo dos últimos anos numerosas e diferentes actividades encamiñadas á formación dos profesionais especializados neste ámbito, á prevención e á sensibilización social respecto da gravidade e magnitude do problema de violencia de xénero, entre outras iniciativas encamiñadas a previr e tentar erradicar esta lamentable realidade.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.