Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 02 de Diciembre de 2015 Tiempo de lectura:
TUI

Este mércores, 2 decembro, estará en Tui a Aula Móbil do Plan de Garantía Xuvenil

[Img #21816]Este mércores, 2 de decembro, estará en Tui a Aula Móbil Itinerante do Plan de Garantía Xuvenil da Xunta de Galicia. A Aula estará situada na Praza de Galicia de 12 a 20h. Os mozos de entre 16 e 29 anos,  destinatarios deste programa, poden inscribirse para visitar a aula no 881 995 700, amais aqueles mozos en situación de risco de exclusión social ou discapacidade poderán anotarse de xeito presencial o propio mércores. O Concello de Tui colabora na difusión da presenza desta Aula na cidade.

 

A presenza da Aula Móbil Itinerante do Plan de Garantía Xuvenil, súmase á charla realizada sobre este plan o pasado 11 de novembro na Aula CeMIT de Tui.

 

A Garantía Xuvenil é unha iniciativa europea cuxo obxectivo é garantir que os mozos menores de 29 anos poidan recibir unha oferta de emprego, de educación continua ou un período de prácticas logo de rematar a educación formal ou quedar desempregados. Así pois o Plan de Garantía Xuvenil da Xunta vai dirixido a mozas e mozos con idades entre os 16 e os 29 anos. O seu obxectivo é garantir a igualdade de oportunidades no mercado laboral, ofrecer experiencia laboral, formación ou cursos de idiomas e TIC.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.