Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 01 de Diciembre de 2015 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Cambados, Meaño e O Grove acollen o IV Torneo Internacional de Balonmán Deputación de Pontevedra

440 deportistas europeos competirán no torneo nas categorías de infantil, cadete e xuvenil feminina e masculina.

Os concellos de Cambados, Meaño e O Grove acollerán entre o 5 e 7 de decembro o IV Torneo Internacional de Balonmán Deputación de Pontevedra no que participarán equipos de España así como representantes de Holanda,  Italia e Dinamarca.

 

O IV Torneo Internacional de Balonmán Deputación de Pontevedra, que se presentará mañá ás 12:00 no Pazo Provincial da Institución Provincial, reunirá a xogadores das categorías infantil, cadete e xuvenil feminina e masculina. En concreto, desprazaranse ata a provincia de Pontevedra máis de 440 deportistas que representarán ás seleccións de Galicia, Asturias e Cantabria (España), de Zuiz e Utrecht (Holanda), de Aaurhus (Dinamarca) e de Kellona Palermo (Italia).

 

A proba disputarase en dúas fases para cada unha das categorías nas instalacións dos pavillóns de O Pombal e IES Cabanillas (Cambados), Coirón (Dena, Meaño), Monte da Vila 1 e Monte da Vila 2 (O Grove).

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.