Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 02 de Diciembre de 2015 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O Partido Popular de Salceda solicita un pleno extraordinario para aplicar a redución do IBI

Os populares lamentan que "o alcalde non convoque esta sesión para levar a cabo a súa proposta de acordo provisorio da modificación da ordenanza fiscal reguladora deste imposto, que suporía unha rebaixa do 16,70%".

O Partido Popular de Salceda de Caselas presentou un escrito por rexistro, o pasado día 24 de novembro, no que solicita a convocatoria e celebración dun pleno de carácter extraordinario incluíndo como punto na orde do día a proposta de acordo provisorio de modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto de Bens Inmobles (IBI) establecendo como tipo impositivo o 0,50 para o exercicio 2016, o que supón unha redución do 16,70% respecto deste ano.


Trátase dunha iniciativa presentada polo Partido Popular na última sesión plenaria, o día 3 de novembro, e que foi aprobada por maioría aínda que, naquel momento, os populares dubidaban xa que "o alcalde respectase a proposta e a fose levar a cabo, escusándose en falta de tempo e cumprimento de prazos, cando en realidade o único que se precisa neste caso é vontade”, sinala Santiago Rodríguez Davila. O presidente e concelleiro do Partido Popular refírese a que “cando o goberno en 2012 subiu este imposto do 0,47 ao 0,53 tamén foi nun pleno celebrado a finais de ano, exactamente un 11 de novembro, e deulles tempo material a executalo. Do mesmo xeito, podería facer coa nosa proposta, aprobada no pleno do pasado 3 de novembro”.


Dende o Goberno néganse a esta baixada porque aseguran que repercutiría moi negativamente nas arcas municipais. Neste sentido, o PP lémbralle que coas 800 novas altas rexistradas tras a regularización catastral levada a cabo este ano, a solicitude do propio alcalde, os ingresos equipararíanse. “Aínda rebaixando o IBI, ao seren máis os inmobles que terán que pagar, o importe total recadado non diminuirá, xa que as novas altas compensarán a porcentaxe de rebaixa do imposto”. Neste sentido, o Informe de Intervención tamén avala a proposta pois nela recóllese que “non se vería afectado o plan de axuste nin a regra de gasto”.


O Partido Popular de Salceda lamenta que o alcalde cargue sobre os veciños “a súa ineficaz xestión que fai que cada vez o Concello acumule máis débeda, aínda por riba de aplicar uns maiores impostos”. Deste xeito, a pesar de que na última lexislatura o IBI incrementouse nun 41,70%, a débeda non deixa de medrar e, pola contra, “continúan cos gastos superfluos que si poden evitarse, por non mencionar as dedicacións excesivas. El mesmo recoñeceu fai oito anos cando accedeu á Alcaldía que se atopaba cunha débeda de 1.100.000 euros, e agora esta multiplícase por catro ascendendo a máis de 4 millóns de euros”, conclúen os populares.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.