Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 03 de Diciembre de 2015 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

López-Chaves mantén un primeiro encontro institucional co presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga.

O delegado territorial da Xunta en Vigo continúa coa rolda de contactos coas principais administracións da cidade.

[Img #21854]

 

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantivo esta mañá un primeiro encontro institucional co novo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga.

 

Dentro da rolda de contactos que o novo delegado da Xunta en Vigo está a ter coas principais institucións da cidade, López-Chaves trasladouse hoxe ata as oficinas centrais do Porto de Vigo para manter unha primeira reunión institucional co seu recen nomeado novo presidente co obxecto de facer un repaso de todos os temas nos que colaboran ambas administracións.

 

Agradeceu a reunión mantida co recen nomeado novo presidente do Porto e lembrou que aínda está á espera de contestación da solicitude feita ao alcalde de Vigo, Abel Caballero

 

López-Chaves agradeceu expresamente a López Veiga o encontro tras solicitar a reunión de xeito institucional polo seu novo cargo coma delegado territorial da Xunta en Vigo e, neste senso, lembrou que aínda está a espera de contestación da solicitude feita ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, o pasado 21 de outubro. “Xa me reunín coa delegada do Estado para a Zona Franca, co xuíz decano, agora co presidente do Porto e o único que falta é o alcalde de Vigo, que sigo sen ter contestación e estou á espera para despachar coma co resto”, sinalou o delegado valorando a importancia que ten a colaboración e a cooperación entre administracións para que os proxectos saían adiante. No transcurso do encontro celebrado hoxe, Xunta de Galicia e Autoridade Portuaria fixeron un repaso polos proxectos comúns.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.