Provincia
Tres persoas resultaron intoxicadas tras inhalar o fume dun incendio na súa vivenda de Moaña
Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron onte ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo a tres persoas, entre eles tres menores, afectadas por inhalar o fume provocado por un incendio declarado no interior da súa vivenda. O lume comezou na campá extractora da cociña, que, realmente, foi o único que resultou danado xunto coa escaiola que a rodeaba. O incendio produciuse na Rúa Barxas arredor das oito da noite de onte. Quen alertou ao persoal do 112 Galicia foi unha das persoas afectadas polo incendio. Ela mesma explicou que prendera lume nunha tixola e propagouse á campá extractora. De seguido, os xestores do CAE 112 Galicia pediron a colaboración dos Bombeiros do Morrazo, da Policía Local e do servizo de Protección Civil da vila.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191