Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 03 de Diciembre de 2015 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta inicia unha rolda de contactos con grupos políticos e colectivos de Vigo para abordar a situación urbanística da cidade

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, reuniuse hoxe coa portavoz municipal do PP de Vigo, Elena Muñoz.

[Img #21872]

 

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo coa portavoz municipal do PP de Vigo, Elena Muñoz, na que abordaron a situación urbanística da cidade, tras a sentenza do Tribunal Supremo que declara a nulidade do Plan Xeral de Ordenación Urbanística Municipal de 2008.

 

Este encontro dá continuidade ao mantido onte co alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, no que a Xunta ofreceu a súa colaboración técnica para os pasos que dea agora a entidade local, que é a competente para poñer en marcha as tramitacións correspondentes.

 

Este encontro dá continuidade ao mantido onte co alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, e constitúe tamén o punto de partida para a rolda de contactos que prevé manter a Administración autonómica con outros grupos políticos da cidade, así como con outros colectivos sociais e económicos representativos. De feito, a partir da mañá, a Delegación territorial da Xunta en Vigo dará continuidade a estas reunións.

 

Durante a reunión de hoxe, Mato e Muñoz analizaron os efectos de sentenza na cidade e as posibilidades que existen para salvagardar os proxectos máis importantes. Ao respecto, a conselleira reiterou que a Xunta porá a disposición da Administración local –que é a competente na materia- todos os instrumentos dispoñibles para que dende o concello de Vigo se poida resolver esta situación. Ademais, ofrecerá apoio e asesoramento técnico por parte da  Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo para que o Concello inicie no prazo máis breve posible a tramitación necesaria para a redacción do plan xeral de ordenación municipal. En todo caso, en paralelo, recordou que tamén se poden empregar outros instrumentos de ordenación urbanística.

 

Mañá na Delegación da Xunta en Vigo manteranse novas xuntanzas con outros grupos políticos e colectivos sociais e económicos da cidade

 

Pola súa banda, desde o grupo municipal do PP de Vigo transmitiron a súa vontade de colaboración, tanto co concello como coa Xunta de Galicia, para desbloquear o antes posible esta situación.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.