Mos
Presentación do programa de Nadal en Mos
A programación navideña comezará o martes co acendido do alumeado
![[Img #21885]](upload/img/periodico/img_21885.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura e Política Social, Sara Cebreiro, e a edil mosense de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, presentaron a programación para o vindeiro Nadal, que comezará ás 17.00 horas do próximo martes 8 de decembro cun dos pratos fortes para este ano: unha festa infantil e acendido do alumeado de Nadal seguido de chocolate quente para todos os presentes.
Outra das actividades estrela da programación navideña deste ano será o espectáculo teatral Mago de Oz, incluído na iniciativa ‘Ocio en Familia’, e que se celebrará o 27 de decembro ás 19.30 horas no Multiusos das Pozas. Os interesados en asistir poden adquirir as súas localidades anticipadamente no Concello e na Biblioteca Municipal ós prezos de 3 euros a entrada infantil e 7 euros a de adultos.
E coa chegada do Nadal chega a Mos tamén, como cada ano, o concurso infantil de postais de Nadal para cativos de 3 a 12 anos de idade. Entrarán en concurso todas as postais entregadas do día 7 ó día 24 de decembro na Biblioteca Municipal. Haberá tres categorías e cada unha delas terá un premio que constará de un lote de libros e material escolar máis un diploma: categoría 1, nenos de 3 a 5 anos; categoría 2, nenos de 6 a 8 anos, e a categoría 3, nenos de 9 a 12 anos. O día 28 un xurado composto por diferentes técnicos municipais dos departamentos de Cultura, Educación e Política Social valorará a calidade e orixinalidade, así como os seus valores positivos; descartando aqueles nos que se perciba a intervención directa dun adulto. Os premios entregaranse o luns 4 de xaneiro de 2016 nun acto de animación á lectura, que se celebrará na Biblioteca ás 11.00 horas.
Tamén é unha cita navideña recurrente cada ano a dos obradoiros infantís de Nadal, ideal para fomentar a conciliación da vida familiar e laboral dos pais de nenos/as en idade escolar durante as vacacións dos pequenos e solventar o conflito que eles poden ter á hora de conciliar os horarios para non deixalos desatendidos. Estes obradoiros constitúen unha excelente alternativa de ocio e tempo libre para os cativos mosenses mentres os seus pais e nais traballan.
A iniciativa consta dun taller na Ludoteca Municipal e un campamento deportivo no Pavillón Óscar Pereiro, ámbolos dous terán lugar do 21 de decembro ó 5 de xaneiro dende ás 9.00 horas ata ás 14.00 horas. O obradoiro de Nadal a realizar na Ludoteca está dirixido a nenos de 3 a 12 anos. A Ludoteca Municipal atópase ubicada en San Rafael, parroquia de Pereiras, e acollerá este taller cuxa temática será “Coñecer O Apalpador”, unha das figuras do Nadal máis típicas da tradición galega. O custe por participante é de 40 euros.
O campamento deportivo, dirixido a nenos de 9 a 12 anos, realizarase no Pavillón Óscar Pereiro, nel darase prioridade á actividade física, por medio de xogos e deportes, tanto tradicionais como alternativos. O custe é de 35 euros por participante. Ámbolos dous inclúen ademais unha festa de fin de ano. O prazo de inscrición está aberto ata o 13 de decembro no Rexistro Xeral ou na oficina da OMIX do Concello de Mos (Multiusos das Pozas). A lista de admitidos publicarase o 16 de decembro.
Outras actividades
A programación de Nadal deste ano é moi ampla e contempla iniciativas para tódolos gustos, idades e públicos. O día 20 de decembro ás 18.00 horas no Centro Dotacional de Torroso celebrarase o Festival Infantil de Panxoliñas, o 23 de decembro tamén no Centro Dotaciónal de Torroso proxectarase a película de animación infantil Big Hero 6 ás 19.00 horas, o día 26 dentro do programa Ocio en Familia ofrecerase o espectáculo Maxia Alucina a cargo de Javier Muro ás 19.00 horas no Pazo de Mos e ás 22.00 horas de novo no Centro Dotacional de Torroso a proxección da película Perdida dentro do ciclo Mos coa Butaca.
O 28 de decembro ás 19.00 horas no Pazo de Mos haberá un concerto infantil de Manoele de Felisa e o día 30 ás 19.00 horas no Centro Dotacional de Torroso o espectáculo Contos ao Piano.
Entrando xa no novo ano 2016, o día 3 de xaneiro o Pazo de Mos acollerá ás 19.00 horas un espectáculo infantil que contará coa presencia do Carteiro Real das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. E como non, o día 5 de xaneiro, ás 18.00 horas na Avenida de Sanguiñeda, a tradicional Cabalgata de Reis para poñer o mellor broche final a este Nadal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149