SALCEDA DE CASELAS
Gallego e Losada defenden o novo centro de saúde para Salceda e melloras na accesibilidade da PO-510
![[Img #21902]](upload/img/periodico/img_21902.jpg)
Os parlamentarios explicaron, durante visita á vila, as emendas realizadas polo grupo socialista ós orzamentos da Xunta, en relación co concello de Salceda de Caselas.
Entre as emendas presentadas atópase algunha histórica como o novo centro de saúde, tema este que leva sendo o eixo central das emendas socialistas dende o ano 2010. Neste sentido a voceira Socialista insiste en que “os socialistas desmarcámonos da pelexa existente entre o goberno municipal e o goberno da Xunta de Galicia".
Consideran que "é cuestión de vontade política, que xa está ben de orgullos e que se deixen de tirar a pelota uns a outros e comecen a traballar xuntos no tema que máis preocupa ós veciños e veciñas, pois sete anos despois seguimos no mesmo punto de partida. Se houbese vontade política en algún momento o Partido Popular na Xunta de Galicia recollería as emendas do noso grupo e reflexaría unha partida nos orzamento, non unha mera reseña na memoria como está sucedendo”, sinala a Deputada Carmen Gallego.
Aínda así, consideran que "as emendas non son suficientes e unha vez rematado o debate dos orzamentos, presentarán unha proposición non de lei para que se debata de novo o tema dende a perspectiva actual, tras o cambio de situación cos terreos postos a disposición polo concello".
A rotonda elevada na Lagoela ou o enlace a PO-510 en San Xurxo, outras das demandas dos socialistas ó goberno do Partido Popular na Xunta
Evitar os enlaces perigosos coa PO-510 é outra das iniciativas que os socialistas consideran que se debían levar a cabo.
"O enlace na parroquia de San Xurxo é unha demanda de fai moito tempo dos veciños non só desa parroquia senón doutras como A Picoña, pola súa perigosidade. Ó igual que o acceso a mesma estrada na zona da Lagoela ou Maceira polo que a construción dunha rotonda elevada suporía unha mellora non só na imaxe de entrada a vila senón na seguridade que é fundamental", incide Tourón.
O actual deputado e candidato ó Senado nas próximas eleccións xerais do 20D, explicou tamén a necesidade de "trucar o modelo económico e social que se mira reflexado nos orzamentos actuais e que deixa de lado unha vez máis as políticas sociais".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129