Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 07 de Diciembre de 2015 Tiempo de lectura:
TUI

López-Chaves mantén unha primeira visita institucional co bispo da Diócese de Tui-Vigo

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, realizou esta mañá unha primeira visita institucional ao bispo da Diócese de Tui-Vigo, monseñor Luis Quinteiro Fiuza.

 

O responsable do Goberno galego na cidade mantivo así unha primeira toma de contacto co representante da Diócese, co obxectivo de manter un encontro oficial no que trataron diversos temas en común nos que ambas institucións poidan colaborar.

 

López-Chaves agradeceu así a disposición de Monseñor Luis Quinteiro e ofreceulle toda a colaboración da Administración autonómica para esta nova etapa á fronte da Delegación e para estudar proxectos en común que se poidan levar a cabo.

 

Dentro da rolda de contactos que o novo delegado da Xunta en Vigo está a ter coas principais institucións da cidade, López-Chaves trasladouse hoxe ata a sede da Diócese ao igual que fixo no seu momento coas principais administracións da cidade coma foron o Porto de Vigo ou a Zona Franca. Tamén se reuniu co xuíz decano ou a decana do Colexio de Avogados, entre outros, co obxectivo de manter encontros institucionais cos principais axentes da cidade tras ser nomeado delegado da Xunta en Vigo.

 

López-Chaves agradeceu a disposición de todos os seus representantes tras solicitar estas reunións oficiais lembrando, neste senso, que aínda está a espera de contestación da solicitude feita ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, o pasado 21 de outubro.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.