MOS
Escolares mosenses descobren o valor das mascotas na sociedade actual
A iniciativa pretende tamén a sensibilización da poboación dende as idades máis temperás coa tenencia responsable de animais de compañía.
![[Img #21922]](upload/img/periodico/img_21922.jpg)
80 escolares de Mos, participaron na actividade educativa "Descobre ao teu mellor amigo" organizada pola concellería de Educación e Participación Cidadá mosense que dirixe a edil Kely Monzón.
O Concello de Mos, en colaboración co Centro Canino brinCAN, desenvolveu unha sesión de sensibilización na tenencia responsable de mascotas, dirixida ao alumnado de 4º e 5º cursos de Educación Primaria. Esta sesión enmarcouse dentro do programa de actividades escolares complementarias en horario lectivo, que desenvolve a concellería de Educación mosense nos centros educativos do municipio. Nela, os participantes descubriron que importantes funcións desempeñan as mascotas na sociedade e como contribúen a mellorar a nosa calidade de vida.
Ademais, os escolares participantes na iniciativa aprenderon a identificar as necesidades fundamentais dos animais domésticos, así como a responsabilidade e o compromiso que se adquire con eles ao longo de toda a súa vida.
O equipo técnico do Centro Canino brinCAN, formado por Tania Penas (Enfermeira, Educadora Canina e Técnico en Terapia Asistida con Animais), Viky Lago (Educadora Social e Técnico en Terapia Asistida con Animais) e Ron (Can de Terapia), ofreceron ós cativos mosenses unha experiencia didáctica interactiva na cal, a través do xogo e o coloquio dirixido, buscábase que os escolares desenvolveran unhas adecuadas actitudes cívicas e un respecto e amor cara á súa contorna.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149