Tomiño
Actividades de dinamización do comercio en Tomiño
![[Img #21926]](upload/img/periodico/img_21926.jpg)
ADETO inicia a súa campaña de nadal con actividades de dinamización para incentivar o comercio de Tomiño como é o sorteo de 2000 € en premios, regalos de bicicletas, música nas rúas e concurso de debuxos entre outras actividades.
A Asociación de Comerciantes de Tomiño puxo en marcha a campaña "Nadal En Tomiño" tras o éxito acadado en edicións anteriores. Unha campaña na que os consumidores do comercio Tomiñes que fagan as súas compras no comercio co cartel identificador da campaña, recibirán unha papeleta cun número e poderán participar no sorteo de diferentes cheques-regalo por valores que van dende os 5€ ata os 100€, repartíndose en total 2000€. Esta campaña rematará o día 7 de Xaneiro.
Este ano como novidade, os días 12 e 13 celebrarase o Merca Nadal, no que o consumidor poderá anticipar as súas compras do Nadal. Contarase coa presenza de Papa Noel para recibir ós nenos e tamén haberá animación na rúa. Todo isto na Rúa A Guarda.
Ademais a asociación coa colaboración dos colexios de Educación Infantil e Primaria de Tomiño farán un ano máis o concurso de debuxos de Nadal, onde se poderán ver expostos todolos debuxos no local de Adeto os días 21, 22 e 23, e na Praza do Seixo os días 28, 29 e 30, coincidindo coas actividades de Tomilandia que organiza o Concello.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129