Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 10 de Diciembre de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

Os aparcadoiros do Hospital Álvaro Cunqueiro reducen tarifas

A primeira media hora é gratis, e o custe por hora queda fixado nun euro

[Img #21932]

 

O Servizo Galego de Saúde vén de acordar coa UTE concesionaria do Hospital Álvaro Cunqueiro que os dous aparcadoiros, tanto o subterráneo como o de urxencias, reduzan os seus prezos a de tal xeito que a primeira media hora de aparcamento é gratis, a segunda media hora custa 0,9 euros, e o resto de horas teñen un custe dun euro por hora.

 

Ademais, os prezos máximos por día quedan tamén limitados a 8 euros no caso do aparcadoiro subterráneo, e de 10 euros no caso do aparcadoiro de urxencias, o que suponen “as tarifas máis baixas comparadas coas de calquera aparcadoiro municipal da cidade de Vigo” sinalan dende a Xunta.

 

Deste xeito, “se mellora notablemente a accesibilidade de pacientes, profesionais e visitas ao Hospital Álvaro Cunqueiro”. Precisamente nesta liña “de mellora”, e ante a escasa oferta actual de espazos alternativos onde estacionar os vehículos nos arredores -non urbanizados- do centro sanitario, se consolida tamén a dispoñibilidade de 180 prazas no exterior totalmente gratuítas, situadas na balsa onde estaban anteriormente os taxis.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.