PONTEAREAS
Primeiro torneo de Xadrez “Vila de Ponteareas”
A Escola Municipal de Xadrez de Ponteareas organiza o primeiro torneo de xadrez “Vila de Ponteareas”. O campionato celebrarase o vindeiro sábado, 12 de decembro, a partir das 10:15 horas no Colexio Santiago Apóstolo. A competición constará de 5 categorías: sub-8, sub-10, sub-12, sub-14 e absoluta.
A entrega dos correspondentes trofeos e diplomas terá lugar o propio 12 de decembro e contará coa presenza do concelleiro de Deportes, Benito Márquez, a partir das 19:15. A organización ten previsto, ademais, realizar un sorteo con diferentes regalos. Trátase dun torneo que forma parte, asemade, do primeiro circuíto de xadrez do Condado, tamén organizado pola Escola Municipal de Xadrez e que se completará coa celebración do primeiro torneo de reis o vindeiro mes de xaneiro en Mondariz Balneario.
Todas aquelas persoas interesadas en participar poden obter máis información a través da web http://xadrez-ponteareas.blogspot.com.es, do enderezo electrónico xadrezponteareas@yahoo.es, ou chamando ao teléfono 627 249 951.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149